Inicio Últimas Noticias O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado a segunda xornada da...

O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado a segunda xornada da Liga Galega de Karate coa participación de máis de 600 nenos e nenas

DEPORTES
O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado a segunda xornada da Liga Galega de Karate coa participación de máis de 600 nenos e nenas

19/01/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada do presidente da Federación Galega de Karate, Óscar de la Fuente, presentaron esta mañá a Liga Galega de Karate, cuxa segunda fase se desenvolverá no pavillón municipal de Santa Isabel este sábado, 20 de xaneiro. 617 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos, pertencentes a 32 clubs de toda Galicia competirán polos títulos nas diferentes categorías.

Santiago recibirá esta fin de semana 617 deportistas con idades comprendidas entre os 5 e 15 anos, “a cifra máis alta de inscrición rexistrada na historia do karate galego”, salientou a concelleira Pilar Lueiro que tamén detallou que os participantes “pertences a 32 clubs de toda Galicia, varios deles composteláns”. A eles súmanse 18 árbitros, e 20 persoas da organización. Pilar Lueiro reiterou o compromiso do Concello en “converter a Santiago na capital do Deporte” e coa promoción e o apoio ao deporte de base.A Liga Galega de Karate é unha competición que se desenvolve en diferentes xornadas cun obxectivo de carácter promocional tendo como destinatarios aos deportistas das categorías de base. Así, Santiago acollerá este fin de semana a segunda fase do circuíto nacional nas categorías de pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete que será seguida por unha terceira fase que terá lugar en Cedeira no mes de abril.Información prácticaA competición celebrarase este sábado 22 de xaneiro en horario de 09:30 h a 14:00 h, e de 16:30 h a 21:00 h. Estará permitida a presenza de público e a entrada será e balde. Tamén se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube da Real Federación Española de Karate. Ademais tamén se poden seguir os resultados da competición a través de www.karatescoring.com, plataforma web coa que a RFEK xestiona as súas competicións.

Leer más:   Detenido por robo tras reventar la puerta del restaurante Pier en La Marina

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLaLiga marca nuevo récord con 74% de ocupación media en estadios durante la primera vuelta
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 19 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.