Inicio Últimas Noticias Rematan as actividades de Educación Viaria da Policía Local cunha gran festa...

Rematan as actividades de Educación Viaria da Policía Local cunha gran festa no Auditorio

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Rematan as actividades de Educación Viaria da Policía Local cunha gran festa no Auditorio

08/05/2024 Máis de 500 rapaces e rapazas dos centros escolares de Santiago participaron na VI Gala pola Seguridade Viaria coa que a Policía Local pecha as actividades de Educación Viaria dirixidas ao alumnado de 4º de Primaria. No transcurso da festa fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado ao abeiro do programa.

A VI Gala pola Seguridade Viaria xuntou no Auditorio a boa parte do alumnado que ao longo do curso participou no programa, que ten como obxectivo fomentar entre os e as escolares a importancia da seguridade viaria, para que actúen correctamente como peóns ou ciclistas, e nun futuro sexan conductores e conductoras responsables. Para iso, a Policía Local imparte charlas teóricas nos colexios, que se ven complementadas con actividades prácticas na vía pública.Teatro e entrega de premiosNa sesión de hoxe, á que asistiron a alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, e representantes de todos os grupos municipais; os rapaces e rapazas asistiron a un espectáculo teatral da compañía Gazafellos, no que tamén interviron axentes da Policía Local para ligar a obra coas nocións sobre seguridade viaria que lle achegaron ao alumnado ao longo do curso.Tras a representación, fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado pola Policía Local. Tres das ilustracións gañadoras foron seleccionadas por un xurado, e a cuarta a través das redes sociais. As súas autoras recibiron como agasallo unha bicicleta e un casco. Ademais, entregáronse os diplomas acreditativos a todos os nenos e nenas que fixeron parte do programa de Educación Viaria.Homenaxe a Carlos González RendoA VI Gala da Seguridade Viaria convertiuse, ademais, nunha homenaxe a Carlos González Rendo, policía local do departamento de Educación Viaria que participou por última vez no programa por mor da súa próxima xubilación. O axente recibiu numerosos agasallos por parte de todos os colexios que adoitan participar neste programa, así como o recoñecemento de todos os nenos e nenas.A Gala finalizou coa intervención do concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, que reiterou a aposta do Concello por este programa de educación viaria “porque formar aos nenos e nenas é a mellor maneira de garantir que teñamos no futuro unha cidade máis amable”. Para iso, o edil pediulle a todos os rapaces e rapazas “que difundan todo o que aprenden da man da Policía Local neste programa entre a súa familia e as súas amizades, para construir entre todos unha sociedade máis respectuosa e máis segura”.

Leer más:   O Concello de Santiago presenta alegacións ao proxecto do Ministerio para crear un ramal que conecta a SC-20 co Milladoiro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Santiago de Compostela
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 8 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.