Inicio Últimas Noticias Volve este domingo á Alameda a XXIII edición da Volta Ciclista da...

Volve este domingo á Alameda a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión

DEPORTES
Volve este domingo á Alameda a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión

08/05/2024 A contorna da Alameda acollerá este domingo 12 de maio a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión que comezará ás 10:00 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. A carreira foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.

Un ano máis volve unha cita deportiva tradicional dentro das Festas da Ascensión, a Volta Ciclista polas inmediacións da Alameda que congregará máis de 250 cilcistas na que será a súa 23 edición.A concelleira salientou que se trata dunha “boa oportunidade para ver bo ciclismo e seguir apostando polo deporte no marco das festas da Ascensión”, ademais dunha proba que “forma parte da memoria colectiva dos composteláns e compostelás”. Ademáis, Pilar Lueiro convidou á cidadanía a “animar e gozar desta Carreira” e reafirmou “o compromiso deste goberno co deporte como manifestación de desfrute colectivo que casa moi ben coas festas”.A proba consiste nun percorrido nas inmediacións da Alameda con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I, que contará con un tramo de 300 metros de pedra, preto do cruceiro do Galo, que dará maior espectacularidade e dureza aos participantes. En total, prevese a participación de arredor de 250 participantes distintas categorías e modalidades (cadetes, junior, féminas, féminas elite/sub-23). Segundo as idades, os participantes darán media volta (categoría promesas), unha volta (principiantes), 4 voltas (alevíns), 8 voltas (infantís), 15 voltas (cadetes) e tanto junior como élite sub-23 femenino, 20 voltas.O horario de inicio da proba será as 10:00 h e finalizará ás 14.00 horas, cando terá lugar a entrega de premios na mesma Alameda.Cortes de tráfico e desvíosPor motivo desta proba, este domingo entre as 09:00 e as 14:00 horas as rúas do percorrido sufrirán algunhas alteracións circulatorias. A avenida Xoán Carlos I e Carreira do Conde quedarán pechadas ao tráfico, polo que os vehículos que suban pola avenida de Rosalía de Castro serán desviados pola rúa de Montero Ríos. Tampouco se poderá circular pola rúa do Pombal en sentido subida, polo que os vehículos procedentes da rúa Galeras serán desviados cara a rúa Poza de Bar.Ademais, durante o transcurso da proba, quedará prohibido o estacionamento nas rúas avenida da Coruña e avenida de Compostela.Tamén se verán afectados os servizos de transporte urbano das liñas 1, 4, 8, C2, P1 e P2. Pode consultarse toda a información na páxina de Tussa.

Leer más:   Publicada a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivenda na cidade histórica

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Santiago de Compostela
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 8 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.