Inicio Últimas Noticias O Concello acondiciona a contorna do Estadio Vero Boquete logo da retirada...

O Concello acondiciona a contorna do Estadio Vero Boquete logo da retirada de 70 toneladas de materiais acumulados durante décadas

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello acondiciona a contorna do Estadio Vero Boquete logo da retirada de 70 toneladas de materiais acumulados durante décadas

26/03/2024 Distintos departamentos municipais, xunto con empresas concesionarias de servizos, procederon á limpeza e acondicionamento da contorna do Estadio Vero Boquete, en San Lázaro, que amoreou 70 toneladas de terra e materiais na zona de aparcadoiro.

Segundo explicou o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, realizouse unha intervención coordinada de limpeza de superficie, de redes de saneamento, de roza de vexetación, adecuación do pavimento, retirada de grava e de substitución de papeleiras de 50 litros nos socalcos do estadio, que se complementará coa reposición de muros, reparación de varandas e de beirarrúas.En concreto, na zona dos aparcadoiros enchéronse un total de 14 camións con materiais acumulados, cun peso 70 toneladas, e por parte de Viaqua revisáronse e desatascáronse a reixas de recollida de pluviais con medios mecánicos e auga a presión.Ademais, na zona do estadio desde Vías e Obras procedeuse ao asfaltado das zonas en peor estado e elaborouse un estudo de necesidades para futuras actuacións.Outras tarefas que se desenvolverán desde Parques e Xardíns e Vías e Obras son a retirada de chopos que teñen comprometidos os muros de contención, a reposición de muros, a reparación e reposición das varandas metálicas e o seu posterior pintado, xunto coa renaturalización da beirarrúa levantada polo crecemento das árbores para deixar un pavimento permeable.O concelleiro destacou “a boa coordinación desta intervención, organizada de xeito transversal entre distintos servizos municipais” e agradeceu o persoal que participou “para conseguir esta limpeza na contorna do estadio de San Lázaro, un espazo moi concorrido que agora está en mellores condicións para a veciñanza”.Desde Parques e Xardíns desprazáronse durante as últimas semanas para esta intervención un total de 11 persoas, 2 camións, 1 pa, 1 tractor, 3 camionetas, sopradoras e diversa ferramenta manual. Por parte de Urbaser desprazáronse 6 brigadas de limpeza, 4 equipos de varrido de calzadas e beirarrúas, 2 equipos lavabeirarrúas ao redor do anel do estadio, 2 equipos de mantemento para a colocación de papeleiras, 2 camións de recollida de carga traseira e 1 mando de coordinación.

Leer más:   Luz verde da maioría dos axentes sociais á ‘operación Peleteiro’

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEste verano podría marcar la salida a bolsa de Europastry
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.