Inicio Últimas Noticias Compostela Cultura selecciona Xurado Novo de Artes Escénicas

Compostela Cultura selecciona Xurado Novo de Artes Escénicas

CAPITAL CULTURAL
Compostela Cultura selecciona Xurado Novo de Artes Escénicas

04/01/2024 Poderán formar parte del persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que non integraran xa algún dos xurados novos de Compostela Cultura. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto até o 15 de xaneiro.

Compostela Cultura abre o proceso de selección de integrantes do Xurado Novo que avaliará a súa programación escénica de 2024. Estará conformado por un máximo de 10 persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que deberán ver e valorar unha escolma dos espectáculos de teatro, danza e circo programados no Auditorio de Galicia, o Teatro Principal e outros espazos durante todo o ano.Para presentar a súa candidatura, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición no proceso e dar resposta a unha serie de cuestións relacionadas coa súa experiencia como espectadoras. Poderán facelo ata o 15 de xaneiro e o resultado da selección darase a coñecer o día 17 dese mes.As persoas integrantes do xurado terán acceso libre a todos os espectáculos do programa previo aviso, sempre e cando a capacidade das salas o permita. Serán as encargadas de compor un palmarés honorífico que se fará público ao final do ano.Palmarés do Xurado Novo de Artes Escénicas de 2023A programación escénica de Compostela Cultura en 2023 estivo conformada por 36 propostas de teatro, danza e circo, que levaron ao Teatro Principal e ao Auditorio de Galicia preto de medio cento de funcións. O Xurado Novo conformado por Ana Paulina Chas Seijas, María González Flores, Julia González Yáñez, Alba Lestón Casais, Laura López Esteban, Samuel Márquez Lavado, Álvaro Ordóñez Iglesias, Uxía A. Pérez Lorenzo, Sergio Sanchís Ortolá, Iria Turnes Casares e Marcos Velázquez Pérez, encargouse de elaborar un palmarés cos mellores traballos da tempada. A peza Los Santos Inocentes, de GG Produción e Teatro del Nómada, foi elixida como mellor espectáculo mentres que as obras Soy una nuez de Zum-Zum Teatre, e Latas de D’Click foron escollidas ex-aequo como mellores espectáculos para público infantil e Amantis. Selfies, sexting e outras formas de amar(se), de Rebordelos, recibiu o premio do Xurado Novo ao mellor espectáculo para público xuvenil. O premio ao mellor espectáculo de danza foi para Transmissions: conferencia bailada sobre danzas urbanas, un traballo de Javier Casado e Guillermo Vidal Ribas, a distinción ao mellor espectáculo cómico recaeu en Pirolíticos, de Mofa e Befa, e o xurado aínda concedeu unha mención especial a Moria, da compañía Unahoramenos.Tito Asorey recibiu o premio á mellor dirección por Unha inimiga do pobo e as seleccionadas como mellores interpretacións foron as de Diego Loza e Pako Merino en Buho, Belén Pasqualini en Christiane. Un bio-musical científico e Lucía Bocanegra e María Pizarro en Safo. Foi precisamente esta obra de Teatro Focus a que lle valeu a Marta Pazos o premio á mellor escenografía, galardón que completa o palmarés do Xurado Novo de Artes Escénicas de 2023.

Leer más:   O Concello manterá a bonificación complementaria no transporte urbano e mellorará o sistema de información na estación de autobuses

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaldea obtiene 21,6 millones en facturación en 2023 gracias a su crecimiento en el mercado
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 4 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.