Inicio Últimas Noticias Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa de actividades para todos os públicos

FESTAS
Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa de actividades para todos os públicos

30/04/2024 As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, monicreques, drons e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. A orquesta Panorama, Fillas de Casandra ou Billie Marten son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest que traerá a artistas locais como Dios Ke Te Crew ou Boyanka Kostova. O Recinto Feiral de Amio acollerá a Festa das Persoas Maiores o sábado 11, e a popular Feira Cabalar durante a xornada do xoves da Ascensión.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada da deseñadora do cartaz, Minia Banet, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o programa completo das Festas da Ascensión que se desenvolverán entre o 8 e o 12 de maio e incluirán un “número importante de actividades para todos os públicos”.Pilar Lueiro recordou que “as atraccións estarán na Alameda desde o día 4 ata o día 19 de maio” e que “atendendo ás demandas de diferentes colectivos sociais de persoas con capacidades diferentes ou altamente sensibles ao balbordo, haberá un horario inclusivo sen ruído os días 4, 11 e 16 de mario entre as 17 e as 19 horas”. Tamén lembrou que na Alameda estará o Punto Lila durante todas as festas “para atender a todas as persoas que o necesiten ou que queiran pasar por alí a informarse”.Os festexos arrancarán o mércores 8 de maio ás 21:00 horas na praza da Quintana co concerto Santiago 40 POP, organizado polos 40 principais da Cadena Ser, que contará coas actuacións de David Otero, Bombai, Soge Culebra, Lérica, Mar Lucas, Álvaro Mayo, Álex Márquez e Lontreira, presentado por Dj Óscar Martínez. Ás 22:30 horas a praza do Obradoiro acollerá a continuación a actuación da mítica orquestra Panorama.O programa inclúe citas musicais para todos os gustos: as galegas Fillas de Cassandra o xoves ás 21 h na Quintana, e a Orquestra Funçao Públika ás 22 h no Obradoiro. O venres será a quenda da orquestra Los Player’s a partir das 22 h na Alameda.Ademais, a praza da Quintana acollerá o venres a partir das 20:30 horas a segunda edición do Compos Fest, que contará con recoñecidos artistas e grupos locais Boyanka Kostova, Dios Ke te Crew, André G. S. e Cool Nenas. No mesmo emprazamento, o día 11 terá lugar o concerto Estrella Galicia que contará coa actuación de Billie Marten, e á mesma hora a orquestra Finisterre na Alameda.Desde o xoves, as tradicionais alboradas interpretadas por agrupacións locais ambientarán coa súa música as rúas compostelás e a Banda Municipal de Santiago ofrecerá os concertos ‘Desde a identidade’ e ‘Desde a sétima arte’ na praza da Quintana. Ademais, en diferentes prazas da vila, cidadáns e visitantes poderán desfrutar das actuacións máis tradicionais cos ciclos “Folk na rúa” (xoves, 9 de maio) e “Escolas de Baile Tradicional” (sábado, 11 de maio), ofrecido polas agrupacións folclóricas da cidade como Cantigas e Agarimos, Ultreia ou Brincadeira, entre outras.Varios locais de Santiago acollerán o sábado as interpretacións de varios grupos de Cantos de Taberna cunha actuación conxunta final. O mesmo día pola tarde, a Casa do Taberneiro acolle un obradoiro para todas as persoas interesadas neste tipo de cánticos populares.Cabezudos e Feira CabalarO día grande das Festas, o xoves da Ascensión, terá lugar a comparsa de Cabezudos cun percorrido polas rúas compostelás desde ás 12:30 da mañá, é a tradicional Feria Cabalar no Recinto Ferial de Amio, e que ofrecerá un amplo programa de actividades dirixido a todos os/as afeccionados/as ao mundo do cabalo galego, con andaduras, mostras cabalares e entrega de premios, ademais dun espectáculo ecuestre de doma.Festas dos MaioresUn ano máis volve a Festa para as Persoas Maiores, na que é xa a súa 25 edición, para que os nosos maiores poidan reunirse e desfrutar xuntos dun xantar con sobremesa amenizada polo Grupo Eureka, a un prezo adaptado a todos os petos de 10 euros. Esta xuntanza terá lugar o sábado 11 de maio ás 14 h no Recinto Feiral de Amio, e as entradas estarán dispoñibles a partir do día 2 de maio no despacho de billetes do Teatro Principal en horario de 10 a 13 horas.Outra das actividades tradicionais que se repetirá este ano é o torneo da Chave, que acada a súa XLVII edición e que se desenvolverá venres e sábado na Alameda compostelá.Ademais o programa inclúe outras actividades para públicos diversos, como a representación da peza de teatro “Adictos” de Pentación Espectáculos, que terá lugar no Auditorio de Galicia o xoves 9 ás 20:30, ou varios espectáculos de monicreques dirixidos á cativada a cargo de Babaluva, Kukas, Larraitz Urruzola Producións Artísticas, Títeres Alakrán e Viranvolta Tïteres, todos eles na praza de Mazarelos. Ademais, o programa deste ano inclúe a visita teatralizada pola ruta de Valle-Inclán “A barraca de Compostela” que terá lugar por partida dobre, o xoves e o sábado ás 18 horas.O palco da Alameda e a Nave de Vidán acollerá o venres e o sábado varias actividades arredor do tango e a milonga que contarán coa presenza do cantante arxentino El Chino Laborde.Complétase o programa con eventos do gusto dos/as máis deportistas coa celebración da ‘Corresán Ruta de Prata de Angrois’ que terá lugar o sábado a partir das 17:30 horas con saída e meta no Camiño Real de Angrois, e da XXIII Carreira da Ascensión, organizada polo Club Ciclista Compostela. Os/as amantes das novas tecnoloxías poderán asistir ao Dron Festival Gaelic GP, o venres e sábado no campo de hóckey da USC no Campus Sur.Toda información do programa estará dispoñible na páxina web municipal e nas redes do Concello.

Leer más:   Un conductor santiagués destroza con un martillo el radar más odiado

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCesur amplía su presencia en Madrid con un campus gigante de formación profesional
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.