Inicio Últimas Noticias O mes de maio chega ao Espazo Apego con moitas ganas de...

O mes de maio chega ao Espazo Apego con moitas ganas de troula

LINGUA
O mes de maio chega ao Espazo Apego con moitas ganas de troula

30/04/2024 Maio en Compostela significa festa, e as da Ascensión son a celebración compostelá por excelencia, polo que as actividades do proxecto Apego vanse complementar coas que ofrecerá o programa das Festas que se pode consultar na web municipal. O prazo de inscrición na oferta do Espazo Apego xa está aberto.

Todas as actividades propostas levaranse a cabo con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 horas recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.A lingua medraEsta actividade terá lugar todos os luns do mes ás 17 h no Espazo Apego.Luns 6. MerendolasLuns 13. Movéndonos con ApegoLuns 20. Quen vén?Luns 27. ExperimentamosTardes de contosOs martes do mes (7, 14, 21 e 28) estarán reservados para as ‘Tardes de contos’, un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.Enredando e lingoretandoOs mércores desenvolverase a actividade ‘Enredando e lingoreteando’, un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.Mércores 8. Xogamos coas palabrasMércores 15. Fabricamos xoguetesMércores 22. Imos ao patioMércores 29. Xincana de palabrasTachán!Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.Contos do chupete de Bea Campos (0-4 anos) – xoves 2 / 18 h / Espazo ApegoRaposadas de Raquel Queizás (+3 anos) – xoves 23 / 18 h / Espazo Apego

Leer más:   O Estadio Vero Boquete acolle un partido a prol da doazón de órganos entre a SD Compostela e o Palencia Cristo Atlético

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCesur amplía su presencia en Madrid con un campus gigante de formación profesional
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.