Inicio Últimas Noticias Compostela acolle esta fin de semana o I Campionato Galego de Billarda

Compostela acolle esta fin de semana o I Campionato Galego de Billarda

DEPORTES
Compostela acolle esta fin de semana o I Campionato Galego de Billarda

16/05/2024 Este campionato, o primeiro destas características que se celebra nunha Comunidade Autónoma española, celebrarase o vindeiro domingo 19 de maio no campo de herba natural de Conxo a partir das 12:00 e contará arredor de 100 participantes dos máis de 200 federados/as en Galicia nesta disciplina deportiva.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Luís Fontán, vicepresidente da Federación Galega Deporte Autóctono, e de Manuel Rodiño, do Comité técnico Campionato Galego de Billarda, presentaron esta mañá en rolda de prensa o I Campionato Galego de Billarda que terá lugar este domingo 19 en Conxo.A concelleira recordou que a billarda “é un deporte popular e tradicional que promove a actividade física e deportiva ao tempo que axuda a manter viva a nosa cultura e tradición” así como “unha modalidade deportiva pola Xunta de Galicia no ano 2020”. Pilar Lueiro animou a toda a veciñanza a achegarse a Conxo a coñecer este deporte popular e tradicional.A primeira edición do Campionato Galego de Billarda, o primeiro destas características que se celebra nunha Comunidade Autónoma española, contará este domingo coa participación de 100 xogadores/as dos 241 deportistas federados neste deporte. O obxectivo deste evento deportivo é “consolidar a práctica deste disciplina e achegala á xente máis nova”, destacou Manuel Mariño que detallou que a billarda conta na actualidade en Galicia cunha porcentaxe de participación feminina dun 32% e un 21% das persoas federadas son rapaces/as de entre 6 e 16 anos.

Leer más:   "30 anos facendo camiño" fai un percorrido polos avances acadados polo CIM Santiago na loita contra a violencia de xénero

- Te recomendamos -
Artículo anteriorGrandes maestros del arte en la exposición de Fundación Unicaja
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 16 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.