Inicio Últimas Noticias O experto Xesús Feás impartirá charlas sobre a velutina nos Centros Socioculturais...

O experto Xesús Feás impartirá charlas sobre a velutina nos Centros Socioculturais do rural

CENTROS SOCIOCULTURAIS
O experto Xesús Feás impartirá charlas sobre a velutina nos Centros Socioculturais do rural

30/04/2024 A Concellaría de Centros Socioculturais pón en marcha un programa de charlas informativas sobre a avespa velutina, para achegarlle a veciñanza as claves para entender e xestionar a presenza desta especie invasora. Haberá sete encontros noutros tantos centros socioculturais do rural, o primeiro deles o próximo sábado, 4 de maio, no CSC da Grixoa.

As charlas informativas correrán a cargo de Xesús Feás, doutor en Ciencias Veterinarias, membro da Academia Galega de Ciencias Veterinarias, e experto en velutina. O obxectivo da actividade é dar as claves para identificar as avespas velutinas e para xestionar a súa presenza, nun encontro no que se pretende a participación activa das persoas asistentes e que terá unha duración de entre unha e dúas horas.Charlas en sete centros socioculturais do ruralA actividade vaise desenvolver en sete centros socioculturais do rural, mais a cada unha das charlas estará convocada a veciñanza de varias parroquias para conseguir unha maior cobertura territorial. Así, o sábado 4 de maio, a partir das 16 horas, haberá un encontro no centro sociocultural da Grixoa, dirixido tamén aos veciños e veciñas da Gracia.O martes 7 de maio, a partir das 19.00 horas, haberá unha charla en Enfesta, pensada tamén para a veciñanza de Lavacolla e Bando; o martes 14 a cita será na Peregrina a partir das 19.00 horas, e están convocados os veciños e veciñas de Santa Cristina de Fecha e Lamascal; e o xoves 16, o encontro será ás 19.30 en Verdía, coa veciñanza desta parroquia e de Busto, Marantes e Nemenzo.O martes 28 de maio as charlas chegarán ao centro sociocultural de Marrozos, dirixidas tamén á veciñanza de O Eixo e Aríns, a partir das 19.00 horas; e en Laraño haberá un econtro, tamén coa xente de Figueiras e Villestro, o xoves 30 ás 19.00 horas. A última charla será no CSC de Cesar, tamén para a Barciela e Carballal, o venres 31 de maio, ás 19.00 horas. A asistencia é libre e de balde.A presenza de avespa velutina viuse incrementando nos últimos anos. O ano pasado, esta especie invasora motivou un total de 2.123 intervencións dos bombeiros de Santiago.

Leer más:   A praza da Quintana acollerá mañá o concerto "Los 40 Santiago Pop" que inaugura as Festas da Ascensión deste ano

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCesur amplía su presencia en Madrid con un campus gigante de formación profesional
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.