Inicio Últimas Noticias Sae a licitación do Servizo de Axuda no Fogar cun incremento do...

Sae a licitación do Servizo de Axuda no Fogar cun incremento do 73% no orzamento, ata os 6,3 millóns de euros anuais

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Sae a licitación do Servizo de Axuda no Fogar cun incremento do 73% no orzamento, ata os 6,3 millóns de euros anuais

03/01/2024 Os novos pregos do Servizo de Axuda no Fogar permitirán “mellorar a atención ás persoas usuarias, protexer os dereitos das traballadoras, e reforzar a supervisión e control do servizo por parte do Concello”. Explicouno a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que deu conta da aprobación, en Xunta de Goberno, do inicio do procedemento de adxudicación do SAF. Na rolda, a tenenta de alcaldesa estivo acompañada por Teresa Furelos, xefa de Servizo da área de Acción Social, e por Eva María González, xefa de sección, que lembraron que “o obxectivo último é mellorar a calidade de vida das persoas e garantir a súa permanencia no seu domicilio habitual e na súa comunidade”.

O Servizo de Axuda no Fogar sae a licitación cun orzamento base de 12,7 millóns de euros, por un prazo de dous anos prorrogable por un ano máis. Así, o presuposto anual do servizo será de 6,3 millóns de euros, fronte aos tres millóns de euros do contrato actualmente en vigor, o que supón unha suba de case o 73%. O inicio do procedemento xa está publicado na Plataforma de Contratación do Estado, e o prazo para a presentación de ofertas rematará o 5 de febreiro.A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais explicou que “o SAF é un dos servizos máis sensibles dos que presta o Concello de Santiago, porque atende a persoas maiores ou en situación de dependencia, unha poboación vulnerable que require dos maiores niveis de esixencia e control por parte da administración municipal”. María Rozas recoñeceu que na actualidade o servizo xera numerosas queixas “que se veñen de traducir na imposición da segunda sanción á empresa adxudicataria por incumprimentos graves no contrato, e que nos indican cales deben ser as melloras a introducir no novo contrato”. Para a tenenta de alcaldesa, “o obxectivo do Concello debe ser garantir a mellor atención ás persoas usuarias, sen esquecer a protección dos dereitos laborais das traballadoras do servizo”.Maior control municipal do SAFRozas explicou que os pregos que saen agora a licitación “introducen maiores esixencias no que tén que ver co control do servizo por parte do Concello e coas obrigas que terá a empresa adxudicataria en materia de transparencia e calidade da atención”.Con ese obxectivo, o persoal técnico municipal participará, xunto co persoal da empresa adxudicataria, na visita domiciliaria previa á alta no servizo, para valorar a situación de cada persoal, axustar o proxecto de intervención e informar en detalle das características do SAF. Unha vez tramitada a alta, tamén se incrementa a periodicidade das visitas de seguimento da empresa aos domicilios, e establécese a obriga de facer un seguimento telefónico quincenal do que se deberá dar conta no correspondente informe. Ao tempo, prevénse reunións mensuais das técnicas municipais de Servizos Sociais tanto coa persoa que a empresa designe como coordinadora xeral do SAF como cos diferentes técnicos de coordinación, co fin de recoller información sobre o servizo prestado ás persoas usuarias vinculadas a cada un deles.Ademais, os pregos que sairán agora a licitación reforzan o uso do programa informático específico de xestión dos servizos domiciliarios, co obxectivo de conseguir a máxima eficiencia e calidade e de axilizar a coordinación entre a empresa e o Concello. A entidade adxudicataria do SAF deberá utilizar este programa, e facilitarlles terminais ao persoal de coordinación e de atención directa para informar diariamente e en tempo real de cuestións como altas e baixas no servizo, servizos non realizados, faltas de puntualidade, incidencias, ou servizos complementarios e axudas técnicas solicitadas polas persoas usuarias.Os novos pregos tamén inclúen, de maneira máis específica, a obriga da empresa de poñer en marcha un Plan de Calidade do servizo e un protocolo de atención das queixas e suxestión que fixa un prazo de tres días para a posta en marcha das medidas precisas para a súa resolución. Ademais, incorpórase un documento que detalla a imposición de penalidades no caso de que se produzan infraccións por parte da empresa, co obxectivo de facilitar o seguimento e control da concesionaria.Melloras directas para as persoas usuariasA concelleira de Dereitos e Servizos Sociais explicou que “o obxectivo último deste maior control municipal será incrementar a satisfacción das persoas usuarias, xunto con outras melloras que percibirán de maneira máis directa”. Neste sentido, o novo contrato incrementará notablemente as horas de servizo, que pasan dalgo máis de 163.000 horas anuais previstas nos anteriores pregos a case 260.000, e reduce os prazos previstos para algúns dos trámites vinculados ao SAF. Así, o prazo de alta na prestación do servizo pasa dos 15 días naturais previstos na anterior licitación a un máximo de 7 días hábiles, e o reinicio do servizo despois dun período de suspensión temporal será dun máximo de 24 horas, fronte aos 5 días que se prevían nos anteriores pregos. María Rozas explicou que “cabe a posibilidade de que as empresas que participen no proceso oferten aínda melloras nestes apartados, tal e como fixo a actual concesionaria”.En canto aos servizos complementarios, increméntanse as horas dispoñibles nos servizos de fisioterapia, podoloxía e salón de peiteado. Tamén aumentan as horas destinadas a limpezas de choque, que se realizarán só cando os informes dos Servizos Sociais así o recomenden; e recóllese unha bolsa para a realización de pequenos arranxos ou reparacións nos domicilios.Ademais, os pregos introducen unha referencia aos menores de idade en situación de desprotección ou grupos familiares con excesivas cargas que poidan ser usuarios do servizo. O obxectivo será posibilitar a súa permanencia coa familia, compensando as limitacións de autonomía e as carencias da integración familiar, mediante axudas profesionais de tipo domeéstico, persoal, apoio e reforzo didáctivo, dando resposta, no seo da unidade familiar, ás necesidades físicas, emocionais, educativas ou sociais dos menores.Novidades relacionadas co persoalOs pregos do Servizo de Axuda no Fogar introducen tamén novidades no que tén que ver cos recursos humanos. Así, mudan as ratios de persoal de coordinación por número de persoas usuarias: establécese que se o servizo tén entre 200 e 299 persoas usuarias deberá haber 4 técnicos de coordinación, fronte aos 3 previstos na actualidade; e a ese número engadiráse un técnico por cada 100 persoas usuarias máis, e non por cada 200 como acontece agora. Ademais, os pregos establecen unha maior esixencia en canto á formación continua do persoal, ao que se lle requirirá anualmente, cando menos, a realización de tres cursos de 20 horas de duración. No caso de novas incorporacións deberán recibir 5 horas de formación sobre protocolos de actuación e, se é posible, realizar unha estadía de dous días con profesionais experimentadas na atención directa.En relación ás novas contratacións, os pregos sinalan que “con anterioridade a contratación dun novo profesional, a entidade adxudicataria deberá presentar ante os servizos sociais municipais unha relación dos profesionais de atención directa, coas horas de contrato no momento da nova contratación, e a xustificación da non ampliación da xornada aos traballadores que estean a xornada parcial”. Tamén co obxectivo de mellorar a estabilidade e as condicións das traballadoras, e de garantir a continuidade do persoal de atención directa ás usuarias, os pregos establecen que na valoración das ofertas concederáselle unha puntuación especial de 6 puntos a aquelas empresas que se comprometan a elevar cada ano as xornadas do persoal de atención directa nun 5% sobre as xornadas parciais.Outras novidades con respecto ao persoal son a introdución do principio de proximidade na organización do servizo, “buscando a máxima eficiencia do servizo e minimizando tempos de desprazamento dos e das profesionais”; a incorporación dunha bolsa para desprazamentos, ou a especificación das prestacións que quedan excluídas do Servizo de Axuda no Fogar, tales como a atención a familiares ou a outras persoas que residan no mesmo domicilio pero que non sexa beneficiarias do servizo; a limpeza de zonas comunitarias, o coidado de animais, tarefas que requiran do esforzo físico importante para o persoal de atención directa e poñan en perigo a súa saúde e integridade física.O SAF en cifrasNa rolda de prensa, Teresa Furelos e Eva María González deron conta da situación actual do Servizo de Axuda no Fogar, que conta con 695 persoas titulares, fronte ás 186 de 2015; pero con 1.564 persoas beneficiarias reais, tendo en conta outros membros da unidade de convivencia.As responsables técnicas do departamento de Servizos Sociais explicaron que o Concello de Santiago vén facendo unha importante aposta por mellorar o SAF, que pasou das algo máis de 53.000 horas de prestación en 2015 a 176.000 en 2023. Do mesmo xeito, incrementouse o orzamento destinado ao servizo, que en 2015 era de pouco máis dun millón de euros, e que o ano pasado alcanzou os 3,6 millóns de euros. Coa nova licitación, apuntou, “o presuposto do SAF medrará máis dun 70%, ata os 6,3 millóns de euros anuais, e iso permitirá prestar case 260.000 horas de servizo nunha anualidade”. Deste xeito, o SAF poderá chegar a máis veciños e veciñas e facelo con menos tempo de espera, e o servizo poderá contar con persoal mellor formado, cunha maior coordinación, e con máis e mellores servizos complementarios.Outros asuntosNa mesma Xunta de Goberno Extraordinaria do pasado 29 de decembro, tamén se deu luz verde a outros asuntos como a aprobación da concesión e xustificación de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2023. En total, concéderonse subvencións a 16 entidades por 250.000 euros. Tamén se aprobaron os expedientes de xustificación presentados por 32 entidades deportivas así como a contía definitiva a subvencionar segundo cada caso, por un valor total de 181.990,56 euros. Nunha xunta extraordinaria celebrada o día 30 aprobáronse, así mesmo, as xustificacións correspondentes ás subvencións das festas patronais cun orzamento total de 4.463,50 euros repartidos entre 6 entidades; e a xustificación do convenio coa Cámra de Comercio por importe de 75.000 euros.Fóra das xustificacións de convenios, aprobouse a prórroga do contrato relativo ao servizo de xerencia do Plan de Desenvolvemento Turístico Sostible de Santiago de Compostela polo prazo de 6 meses e por un importe de 109.710,52 €; e autorizouse o inicio de trámites para a recepción das obras de rehabilitación do colector de saneamento da avda. de Vilagarcía. Ambos asuntos foron aprobados na xunta de goberno extraordinaria do venres 29.

Leer más:   A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento de viais e parcelas de titularidade municipal do rural

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa America’s Cup y los Juegos Olímpicos destacan en el calendario deportivo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 3 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.