Inicio Últimas Noticias Os centros socioculturais acollen as propostas musicais de aCentral Folque no ciclo...

Os centros socioculturais acollen as propostas musicais de aCentral Folque no ciclo “No campo de fóra”

CAPITAL CULTURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais acollen as propostas musicais de aCentral Folque no ciclo “No campo de fóra”

17/04/2024 O concerto de Xisco Feijóo no Centro Sociocultural do Ensanche abrirá mañá “No campo de fóra”, un programa de actuacións e paseos musicais organizado pola Escola de Música de aCentral Folque en colaboración coas concellarías de Capital Cultural e Centros Socioculturais. No marco deste ciclo haberá outros catro concertos ao longo do mes de maio, e dous paseos musicais para descubrir o patrimonio de Compostela. Todas as actividades serán de balde.

A concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, e o edil de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentaron hoxe o programa “No campo de fóra” nunha rolda de prensa na que aCentral Folque estivo representada por Mauro Sanín. Tal e como explicou a responsable de Capital Cultural, o obxectivo deste ciclo é “encher as rúas e os centros socioculturais con eventos participativos, con música de raíz, con cantigas de tradición oral, e con tempo para bailar”. Miriam Louzao reiterou o apoio do Concello a iniciativas “que procuran divulgar a música tradicional galega cun enfoque aberto e contemporáneo, para abrir oportunidades para espallar o coñecemento”.Pola súa banda, Xan Duro incidiu en que este ciclo “encaixa na filosofía da rede de centros socioculturais, que entendemos como equipamentos que deben garantir o acceso da cidadanía á cultura, sobre todo a aquelas persoas e colectivos que non adoitan participar de actividades culturais noutros espazos”. Ademais, o concelleiro salientou a proposta dos paseos musicais “como unha boa oportunidade para que a veciñanza coñeza e valore mellor a súa propia cidade, fomentando así a autoestima colectiva”.Cinco concertos”No campo de fóra” comeza mañá no centro sociocultural do Ensanche, cunha actividade a cargo de Xisco Feijóo que leva por nome “Traede ferrallada”. Tal e como explicou Mauro Sanín, “trátase dun concerto ao redor da música de tradición oral de matriz, pensado non para escoitar senón para a participación do público”. A cita será a partir das 20.00 horas, con entrada de balde.En maio están previstos catro concertos no marco deste programa. O primeiro, o día 2, será con Carme da Pontraga e Ariel Ninas, Tralo-Valo, no centro sociocultural do Romaño, “cun concerto pensado para bailar utilizando o fantástico salón do equipamento”. O 4 de maio, “No campo de fóra” trasládase ao centro sociocultural Maruxa e Coralia da cidade histórica, co grupo de música antiga 1500; e xa para o venres 10 de maio está prevista a actuación de Iván Vilela no centro sociocultural da Trisca. Mauro Sanín explicou que “Vilela é un virtuoso da viola caipira, chegado de São Paulo, que se o tempo o permite poderá actuar na azotea dun equipamento singular de Santiago como é o da Trisca”. Por último o programa de concertos péchase co CSC da Rocha co cuarteto Aksak, un proxecto compostelán sobre músicas de Galicia e Turquía.Paseos musicaisO ciclo “No campo de fóra” complétase con dous paseos musicais que tamén están previstos para o mes de maio. O día 21, haberá un roteiro sobre músicas de Compostela guiado por Richard Rivera; e o 29 de maio Andrés Díaz será o encargado dun roteiro que leva por lema “O patrimonio musical dunha cidade educativa”.Todas as actividades do programa “No campo de fóra” son de balde, pero é recompendable facer a preinscrición na web folque.com, habida conta do aforo limitado dos espazos.

Leer más:   Valle-Inclán recibe un ano máis a súa bufanda vermella

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa alianza con Arabia Saudí es vital para la economía española, enfatiza Isabel Rodríguez
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.