Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para...

A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a reurbanización da rúa do Pombal

XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a reurbanización da rúa do Pombal

26/12/2023 O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao inicio do expediente de contratación das obras de reurbanización da rúa do Pombal, cun importe base de licitación de 762.991,01 €. Tamén se aprobou de xeito definitivo o proxecto básico e de execución do parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó (parroquia de Laraño) ao abeiro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña, cun orzamento de 124.999,99 euros.

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá aprobar o expediente que ten por obxecto a licitación das obras de reurbanización da rúa do Pombal, para o que se abrirá un procedemento aberto de adxudicación, cun orzamento base de 762.991,01 € (base impoñible de 630.571,08 € máis IVE do 21% polo importe de 132.419,93 €).Esta intervención, que terá unha duración estimada de 8 meses, levarase a cabo no treito da rúa do Pombal comprendido entre o cruzamento coa rúa Campiño da Ferradura e a intersección coa travesía do Cruceiro do Galo.Esta reurbanización suporá unha ampliación da beirarrúa próxima ás edificacións, a colocación de pasos peonís elevados para a redución da velocidade do tráfico rodado e a renovación e dotación de servizos urbanos: abastecemento de auga e rego, saneamento, alumeado público, gas natural e telecomunicacións.Para a calzada empregarase formigón pulido e a para a beirarrúa xunto ás edificacións, un novo pavimento de cantería granítica. Dentro dela, instalaranse novos elementos de mobiliario urbano (xardineiras, asentos, papeleiras e farois) para xerar así unha liña de protección descontinua entre o tráfico rodado e os peóns. Na beirarrúa oposta, a carón do muro, colocarase un bordo de pedra granítica para separala da calzada.Na zona central da vía, onde a beirarrúa alcanza un ancho de 3,10 metros, habilitaranse zonas de carga e descarga diferenciadas en despezamento e textura de pavimento granítico.Ademais, durante esta intervención, aproveitarase para substituír unha antiga canalización de fibrocemento en mal estado, executarase unha nova rede de saneamento separativa (pluviais, fecais) e novas redes de telecomunicacións e alumeado. Manteranse as redes de abastecemento e gas pero levarase a cabo a substitución das acometidas.Parque infantil no lugar de ReibóA Xunta de Goberno local tamén deu luz verde ao proxecto básico e de execución do parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó (parroquia de Laraño) tras a revisión do segundo informe de supervisión da Deputación da Coruña.Este proxecto básico e de execución ao abeiro do plan POS+ Adicional 2/2023, ten por obxecto a implantación dun parque infantil na área onde se atopa o centro sociocultural e a escola de educación infantil do lugar de Rial na parroquia de Laraño e o acondicionamento dun espazo educativo de actividades agrícolas. Contará cun orzamento de 124.999,99 euros (103.305,78 + 21.694,21 euros de IVE) e un prazo de execución de 40 días.Equipamento para os BombeirosO Goberno municipal tamén acordou a adxudicación do contrato “Subministración dun compresor de aire do Servizo de Extinción de Incendios do Concello de Santiago de Compostela (SEIS)” á empresa SENSO INGENIERÍA E INSTALACIÓNES SL por un importe de 37.555,98 € (base impoñible 31.038,00 € máis IVE do 21% 6.517,98 €) e a aprobación do expediente de contratación da subministración de traxes de intervención e protección persoal (Chaquetóns e cubrepantalóns) con arnés para o persoal dos Bombeiros, que sairá cun orzamento base de licitación de 129.286,18 euros.Tarifas aparcadoiroA Xunta de Goberno tamén aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros do Hórreo, San Clemente e San Caetano, tal e como fora solicitado pola empresa en decembro de 2022. O último acordo de revisión data de decembro de 2018, e a actualización correspondente desde entón, en función do IPC, é do 13,60%. Os tres aparcamentos xa viñan cobrando as tarifas recollidas no acordo de hoxe, tal e como contempla o contrato da concesión.

Leer más:   Arranca unha nova edición do Club de Debate que contará coa participación de catro equipos composteláns

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de diciembre de 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.