Inicio Últimas Noticias O Concello de Santiago fai un recoñecemento a 13 mulleres vinculadas a...

O Concello de Santiago fai un recoñecemento a 13 mulleres vinculadas a Compostela con motivo do 8 de marzo

IGUALDADE
O Concello de Santiago fai un recoñecemento a 13 mulleres vinculadas a Compostela con motivo do 8 de marzo

07/03/2024 O programa de actividades con motivo do 8 de marzo arrancou hoxe cun acto organizado polo Concello de Santiago, no que se recoñeceu as traxectorias profesionais e vitais de varias mulleres que forman parte da historia viva da cidade. As galardoadas foron Jaione Camborda, Julia López, María Jesús Lamas, Nanina Santos, María Pereira, Yolanda Castaño, Maribel Martín e as integrantes do grupo Leilía.

Baixo o lema “Mulleres de Compostela”, a sala Mozart do Auditorio de Galicia, acolleu esta tarde a gala de entrega dos galardóns Mulleres de Compostela 2024, que foi conducido pola xornalista Rosa Aneiros, e que contou coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e da Corporación municipal case ao completo.Organizado pola Concellería de Igualdade, este evento pretende recoñecer de forma pública a traxectoria profesional e vital dunha serie de mulleres vinculadas a Santiago, e que día a día contribúen a construír unha cidade máis igualitaria, máis social e máis humana.O grupo musical ‘Caamaño-Ameixeiras’ formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) y Antía Ameixeiras (violín y voz) foron as encargadas de abrir o acto coa peza “Florencio”.A escritora Rosa Aneiros, condutora do acto, fixo un repaso polas “mulleres andadoras” que foron facendo camiño como Exeria, a primeira muller peregrina da historia, ou “as nosas queridas Maruxa e Coralia”. A continuación foi presentando cada unha das mulleres distinguidas que foron subindo ao estrado para recoller o galardón de mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, das concelleiras Míriam Louzao (BNG) e Mercedes Rosón (PsdG) e dos concelleiros Xan Duro (CA) e Borja Rubio (PP). Durante a entrega tamén se visualizou un vídeo sobre cada unha das premiadas.A alcaldesa pechou o acto recitando un fragmento do texto que a poeta Yolanda Castaño escribiu para Leilía: “Miña irmá, miña irmá, miña amiga/tan igual a min e tan distinta/dáme a man e faremos cordada/vén comigo miña camarada”, que para Goretti Sanmartín resume “os valores que queremos destacar arredor do 8 de marzo” como son a sororidade “fronte ao estereotopo da rivalidade feminina”, as diferenzas de “intereses, carecteres e posicións”, a “unidade contra a discriminación” e o feito de ser os “elos dunha cadea” que se vai construíndo ao longo da historia. Para a alcaldesa, estas son as características da “loita común” que comparten todas as mulleres distinguidas no acto ás que parabenizou polos seus logros e á súa contribución á historia viva de Compostela. Goretti Sanmartín rematou o seu discurso cun poema de Luisa Villalta, a quen se lle dedica o Día das Letras deste ano sobre Compostela e as súas rúas.Tras a intervención da rexedora, ‘Caamaño e Ameixeiras’ puxeron o punto final ao acto cunha nova actuación musical.GalardoadasDurante o acto, o Concello distinguiu dúas mulleres referentes no mundo da cultura actual: a cineasta Jaione Camborda Coll, que coa súa película ‘O Corno’, “un filme cheo de sororidade, de dor, de soidade e de beleza” acaba de gañar a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián e a poeta e activista cultural Yolanda Castaño, recentemente galardoada co Premio Nacional de Poesía 2023 polo seu poemario ‘Materia’. Tamén recibiron o recoñecemento as integrantes de Leilía: Montse, Ana, Merche, Rosario, Patricia e Felisa, grupo nacido en Compostela, pioneiro da música galega e na recuperación da tradición oral que veñen de celebrar a súa despedida dos escenarios tras máis de tres décadas de andaina.Tamén recibiron o recoñecemento á compostelá de adopción María Jesús Lamas Díaz, directora da Axencia Española de Medicamentos, que tamén o foi do Servizo de Farmacia do CHUS como especialista en farmacia clínica en Oncoloxía; Nanina Santos Castroviejo, historiadora, pioneira do feminismo organizado e promotora dende o ano 1983 de revista galega de pensamento feminista Andaina, “unha voz contracorrente” que “leva toda a súa vida turrando para rematar coa desigualdade que sufrimos polo simple feito de sermos mulleres”.Outra das mulleres recoñecidas durante o acto foi Maribel Martín, profesora do IES Rosalía de Castro durante máis de 40 anos e impulsora do Premio San Clemente que trouxo á cidade figuras literarias de renome internacional, e que na actualidade é a vicepresidenta da Asociación Cultural Casino de Santiago e coorganizadora do Premio Novela Europea e do Premio “Ao Diálogo e á Concordia Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor”.Este recoñecemento municipal tamén o recibiron dúas mulleres referentes do comercio compostelán: María Pereira, que estivo 35 anos á fronte do negocio Dosel de fabricación artesá de tecidos e encaixes tradicionais na rúa Nova, e Julia López Varela, que con 90 anos segue detrás do mostrador do mítico negocio familiar Fotos Sandine na rúa do Vilar.

Leer más:   A Xunta de Goberno aproba as subvencións nominativas para o 2023 por un importe total de 1.5 millóns de euros

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorGrupo Albia trabaja para alcanzar su neutralidad climática en 2050
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.