Inicio Últimas Noticias A veciñanza poderá achegar as súas “estrelas e desexos” á Alameda o...

A veciñanza poderá achegar as súas “estrelas e desexos” á Alameda o vindeiro 30 de decembro

COMPOSTELA A ESTRELA DO NADAL
A veciñanza poderá achegar as súas “estrelas e desexos” á Alameda o vindeiro 30 de decembro

14/12/2023 A Alameda acollerá o vindeiro día 30 a partir das 17 horas, unha quedada popular para decorar conxuntamente unha árbore do paseo con estrelas de nadal e bos desexos e celebrar por adiantado a chegada do aninovo con música, luces e chocolatada. A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, fixeron un chamamento a todos os composteláns e compostelás a “vivir” as múltiples actividades do programa de ‘Compostela, Estrela do Nadal’.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, convidou a veciñanza a participar o vindeiro 30 de decembro na iniciativa “Estrelas e desexos”, unha quedada a partir das 17 horas no Paseo central da Alameda para decorar conxuntamente a árbore central, deixando cadaquén a súa estrela e dar a benvida adiantada ao 2024. As estrelas de madeira nas que se poden escribir os desexos poden adquirirse no mercado da Carreira do Conde. A edila adiantou que haberá un espectáculo “sorpresa” de luces e música e chocolate con churros para todas as persoas que asistan. “Queremos que a veciñanza sexa a protagonista destas festas, non é ver senon vivir”, engadiu.Tamén recordou que segue aberto o prazo para inscribirse na X Carreira da San Silvestre que terá lugar o 31 de decembro con saída ás 17 horas da avenida de Xoán XXIII e chegada á praza do Obradoiro, na que a partir das 23 horas “teremos un espectáculo a cargo da orquestra STEREO no que non faltarán as bolsas de cotillón e uvas da sorte que se repartirán entre as mil primeiras persoas que cheguen para vivir todos xuntos as badaladas”.Música e luces O 3 e o 4 de xaneiro, os grupos Cantigas e Agarimos e Ultreia farán un percorrido polas prazas da zona vella con cantos e bailes nas chamadas ‘Cantadas de Nadal’. A ruada sairá ás 18.30 horas da praza de Cervantes, e seguirá ás 19 horas en Praterías, ás 19.30 no Toural e ás 20 no mercado da Carreira do Conde. O mesmo día 4 “teremos un certame de corais da cidade no Teatro Principal”, engadiu a edila.A Cabalgata de Reis ‘A Estrela do Nadal’, “da que se darán todos os detalles nunha roldade prensa”, percorrerá as rúas da cidade o día 5 de xaneiro con saída ás 17 horas da avenida de Ferrol e chegada a praza do Obradoiro.As luces estarán acendidas ata o 7 de xaneiro en horario de 18.00 h a 2.00 h e de 7:00 a 9:00 h, agás dos días 24, 25 e 31 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, nos que a iluminación permanecerá acendida desde as 18.00 h ata as 9:00h do día seguinte. Ademais, haberá instalacións propias na Porta Faxeira, Mercado de Abastos, Bonaval, Obradoiro, na Alameda e na praza Roxa. En total, despregaran se fíos de leds en 128 rúas e prazas e tamén en 23 puntos de referencia do rural.Xardíns das oito puntasO concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, valorou positivamente a acollida e resposta por parte do público familiar aos “Xardíns das 8 puntas” que foron instalados na praza do Obradoiro e nos barrios de San Roque, San Pedro, As Fontiñas, Sar, O Castiñeiriño, Conxo, Santa Marta e Vista Alegre.O edil aproveitou a ocasión para agradecer a “implicación de todo o persoal municipal” na instalación destes espazos que “foron realizados con recursos propios do Concello, con medios económicos e humanos limitados, así como cun reducido prazo de execución”.Xesús Domínguez salientou que estes xardíns de Nadal naceron coa idea de estimular “a participación de nenos e nenas ao aire libre con zonas de xogo e esparcemento” a través da “creación dun escenario efémero para desfrutar do Nadal pero dun xeito sostible e xerando a mínima cantidade de residuos”. Para isto “empregáronse materiais naturais e reciclables como madeira reutilizada e troncos de árbores cos que se fixeron xogos, animais ou elementos como cogomelos”. En total, empregáronse 200 toneladas de área, un cento de exemplares árbores e arbustos e tapis verdes, que “terán un novo uso noutros espazos urbanos”.Por último, Xesús Domínguez convidou a veciñanza a visitar estes parques e facer as fotos para subir ás redes sociais baixo os arcos de visgo #BicoNoVisgo e #CompostelaEstreladoNadal.

Leer más:   O Concello oferta 210 prazas no programa Matinais de Nadal nos centros socioculturais

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorProyecto LALIGA VS: Más de 700 Iniciativas Contra la Violencia y el Racismo en Ocho Años
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.