Inicio Últimas Noticias Aberto ata o 8 de maio o prazo para inscribirse no 5º...

Aberto ata o 8 de maio o prazo para inscribirse no 5º Mercado do Libro da Festa do Banquete

FESTAS
Aberto ata o 8 de maio o prazo para inscribirse no 5º Mercado do Libro da Festa do Banquete

09/04/2024 Conxo acollerá os vindeiros 24, 25 e 26 de maio unha nova edición da Festa do Banquete cunha amplo programa de actividades entre o que se atopa o Mercado do Libro, que se desenvolverá o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá expositores dos sectores do libro que poderán presentar a súa solicitude ata o día 8 de maio. Tamén estará aberto ata o 13 de maio o prazo para a solicitude de ocupación da vía pública para as carpas de polbo.

Librarías, editoriais e outros sectores vinculados ao mundo do libro e da ilustración, interesados en expoñer os seus produtos no mercado poderán presentar a súa solicitude a través do trámite “Autorización da ocupación da vía pública para actividades varias” na sede electrónica do Concello de Santiago ata o 8 de maio. Pódese consultar o procedemento de solicitude no apartado 5 das instrucións anexas.Tamén se poderán propoñer actividades complementarias como recitais, breves presentacións literarias ou artísticas e similares. No caso de superarse o número de postos dispoñibles, a organización seleccionará os participantes por estrito orde de rexistro das súas solicitudes.Para solicitar información complementaria, os potenciais expositores poden consultar as bases que se achegan a esta nova ou dirixirse aos correos electrónicos comercio@santiagodecompostela.gal.O mercado, que se celebrará o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre, contará este ano tamén cunha mostra de oficios tradicionais, coa exhibición en vivo do traballo de artesáns de diferentes oficios tradicionais tales como a forxa, orfebrería, coiro ou cerámica, entre outros.Ademais, as persoas interesadas na instalación de postos de polbo con carpa, tamén deberán tramitar a súa correspondente autorización de ocupación da vía pública na zona asignada a tal efecto no recinto do Bosque do Banquete, a través da sede electrónica. A data límite de presentación de solicitudes será o 13 de maio.Quinta ediciónA quinta edición da Festa do Banquete de Conxo, en cuxa organización están a traballar varios departamentos do Concello de Santiago en colaboración coa veciñanza, contará este ano como novidade coa participación de Marrozos, tras a incorporación o pasado ano do barrio de Sar e da parroquia de Villestro.O día grande será o domingo 26 de maio co desfile teatralizado do Banquete que percorrerá as rúas de Compostela, baixo a coordinación artística de Os Quinquilláns. Pola tarde celebrarase ‘O serán da Fraternidade’, cun xantar colectivo na carballeira de Conxo seguido por unha foliada que estará amenizada por música e bailes tradicionais, na que se convida a todas a veciñanza a caracterizarse para a ocasión.Ademais, un ano máis, veciños e visitantes poderán desfrutar dun percorrido especial e gratuíto do tren turístico, decorado para o ocasión con motivos da Festa do Banquete de Conxo.Como participar?Entre as opcións están a de sumarse como actor ou actriz ás distintas accións teatrais que coordina a compañía dos Quinquilláns ou colaborar na organización e preparación da Festa do Banquete. Para isto é preciso poñerse en contacto co Centro Sociocultural de Conxo no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981528740.Este ano tamén se fai un especial chamamento a aqueles mozos e mozas que queiran caracterizarse como estudantes para participar nunha recreación concreta que terá lugar dentro do Desfile do domingo. Ademais todas as propostas de música de autor, hip hop ou poesía por parte da mocidade que queiran estar presentes na Festa tamén poderán remitirse a csconxo@santiagodecompostela.gal.Outra das opcións é de colaborar como persoa voluntaria durante o desenvolvemento da Festa do Banquete, escribindo un correo a voluntariadobanqueteconxo@gmail.com.O Serán da Fraternidade do domingo 26 estará amenizado pola música e ao baile tradicional, polo que a participación de grupos locais de música ou baile ou de canto de taberna dos barrios e parroquias serán benvidas. Ademais, os concelleiros animaron a todas as persoas que que acudan á romaría a vir vestidas de época á Festa do Banquete.Para a confección da vestimenta, os CSC de Santiago ofrecerán obradoiros de vestimenta tradicional, impartidos pola Asociación do traxe e de vestimenta de época con Bety Busto, costureira especialista. Ademais os Centros Socioculturais do Ensanche, Laraño, Conxo e Marrozos acollerán varias sesións informativas sobre a vestimenta e os obradoiros nas vindeiras semanas.

Leer más:   O Concello pon en valor as obras da contorna do Castelo medieval da Rocha Forte

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCómo meter el gimnasio en la declaración de la Renta si vives en Santiago de Compostela ¡Te lo contamos!
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.