Inicio Últimas Noticias Os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude continúan nos IES...

Os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude continúan nos IES e chegan á Universidade

XUVENTUDE
Os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude continúan nos IES e chegan á Universidade

01/02/2024 A concelleira de Xuventude continúa presentando os Orzamentos Participativos nos institutos de Santiago, en obradoiros formativos nos que están a participar centos de alumnos e alumnas do Ensino Secundario. Os talleres chegaron esta semana ao IES Rosalía de Castro, onde estivo a concelleira María Rozas. Nos próximos días, esta actividade desenvolverase tamén en varias facultades da USC, co obxectivo de animar á participación no proceso, no que se vai decidir o destino de 100.000 euros para actividades do departamento.

Os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos “Compostela Decide” celebráronse xa nos IES Xelmírez I, Fontiñas, San Clemente, Pontepedriña, Sar e Rosalía de Castro. Neste último centro, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude participou nunha das sesións, para animar aos rapaces e rapazas a participar, presentando primeiro as súas propostas e involucrándose despois no proceso de votación. María Rozas incidiu en que “para o Goberno é importante que a mocidade teña un papel activo nas decisións que lles afectan e que sexa escoitada, e para iso é preciso ofrecerlle ferramentas e oportunidades para expresarse”. A concelleira mostrouse moi satisfeita coa marcha do proceso “Compostela Decide”, no que se recolleron xa máis de 160 propostas “que están a ser analizadas para comprobar a súa viabilidade técnica, que cumpren os requisitos establecidos para o proceso, e que non se duplican”.Ademais de nos institutos, tamén houbo un taller formativo sobre os Orzamentos Participativos no Centro Xove da Almáciga, e están previstos novos obradoiros a próxima semana nas facultades de Ciencias Políticas, Ciencias da Comunicación, Historia e Ciencias da Educación. Nestas charlas, explícase tanto a filosofía como o funcionamento e os prazos do proceso.100.000 euros para actividadesNo proceso Compostela Decide vaise definir o destino de 100.000 euros dos orzamentos municipais de 2024 para actividades do departamento de Xuventude. Na primeira fase, a de realización de propostas, pode participar calquera persoa sen límite de idade. As propostas, que non poderán superar cada unha delas o orzamento de 15.000 euros, pódense remitir por varias vías: a través da web decide.santiagodecompostela.gal; no correo electrónico decide@santiagodecompostela.gal; nos espazos municipais habilitados, ou nos diferentes encontros sobre este proceso.Na fase de votación das propostas só poderán participar os mozos e mozas nacidos entre 1994 e 2008 que residan, estuden ou traballen en Santiago. A través da web dos Orzamentos Participativos, cada persoa deberá votar tres das propostas presentadas, indicando o seu grao de preferencia. Esta fase desenvolverase na segunda metade de febreiro, unha vez publicada a listaxe definitiva das propostas despois da súa avaliación técnica.

Leer más:   O Concello de Santiago lanza a campaña "O teu machismo dá noxo" con motivo do 25N

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSanidad encabeza, con un 48,11%, las matriculaciones de FP
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.