Inicio Últimas Noticias As escolas infantís acollen o XIII ciclo de sesións didácticas da EMM...

As escolas infantís acollen o XIII ciclo de sesións didácticas da EMM para achegar a música á cativada

EDUCACIÓN
As escolas infantís acollen o XIII ciclo de sesións didácticas da EMM para achegar a música á cativada

23/01/2024 O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por décimoterceiro ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.

Estas sesións didácticas, que se desenvolverán durante o mes de xaneiro, teñen como obxectivo promover o achegamento da música ao alumnado das escolas infantís dependentes do Concello de Santiago.En cada sesión, cunha duración de 30 minutos, o profesorado da EMM visita as escolas infantís e a través dun conto introducen conceptos musicais básicos adaptados ás idades dos nenos e nenas. Os mestres participantes nesta edición serán as profesoras de Música e Movemento Ruth García e Lucía Solla, o profesor de violín e viola Mario Díz e o profesor de percusión Antonio Ocampo.Como nas ocasións anteriores, participan nesta proposta educativa as escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, Meixonfrío-Salgueriños, San Roque, Tambre, Castiñeiriño e Tras-Parlamento.Hoxe, 23 de xaneiro, tiveron lugar as primeiras sesións nas escolas do TAmbre, Tras-Parlamento, Conxo e Meixonfrío -Salgueiriños.O ciclo continuará o o vindeiro 30 de xaneiro nas escola infantís coas seguintes sesións10:00 Escola infantil do Castiñeiriño.11:00 Escola infantil de San Roque.11:15 Escola infantil municipal das Fontiñas.

Leer más:   O alcalde de Santiago recibe a nova presidenta da Cámara de Comercio, María Pais

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAnder Herrera y Manuel Pellegrini se pronuncian contra la Superliga y sus efectos en el fútbol local
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 23 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.