Inicio Últimas Noticias O barrio de Vista Alegre conta cun novo parque infantil con temática...

O barrio de Vista Alegre conta cun novo parque infantil con temática da natureza

PARQUES E XARDÍNS
O barrio de Vista Alegre conta cun novo parque infantil con temática da natureza

20/01/2024 O Concello de Santiago vén de abrir un novo parque infantil no barrio de Vista Alegre, en concreto no Avío de Abaixo, realizado con criterios de sustentabilidade e de accesibilidade nunha superficie de 240 m2 que acolle diversas zonas de xogo con temática da natureza.

O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, indicou que esta zona de xogos situada na contorna do centro sociocultural do Romaño-Vista Alegre ten un valor lúdico e de aprendizaxe que estimula tanto a imaxinación como o desenvolvemento físico e de coñecemento, “con elementos que se adaptan á contorna, con deseños naturalizados e con materiais como madeira de robinia, ademais de contar con xogos aptos para nenos e nenas con diversidade funcional e que atenden á accesibilidade para favorecer a integración”.A área de xogos tratouse de xeito escenográfico con temática da natureza, onde os elementos están interrelacionados de xeito ordenado, baixo criterios lúdicos e por idades de uso. Destacan entre as pezas de xogo o bambán de cesta e a torre alta cun tobogán, sinalou o concelleiro, e para os nenos e nenas de menor idade hai unha zona máis tranquila cunha casiña con paneis e cogomelos e outra parte dinámica con bambán, xogos de muelles e un tobogán, xunto cunha área de bancos, papeleiras e unha fonte accesible.Para favorecer a accesibilidade, marcouse un itinerario peonil ata a área de xogo, cunha entrada con contraste de cores para facilitar a súa identificación, ademais das áreas de circulación.

Leer más:   O Concello rende homenaxe a Jorge Corbacho no primeiro aniversario do seu falecemento

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl ranking Corporate Knights Global 100 reconoce a Unilever como la empresa más sostenible en alimentación y consumo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.