Inicio Últimas Noticias Cen árbores máis para reducir o impacto do cambio climático en Santiago...

Cen árbores máis para reducir o impacto do cambio climático en Santiago de Compostela

MEDIO AMBIENTE
Cen árbores máis para reducir o impacto do cambio climático en Santiago de Compostela

13/01/2024 As concellerías de Deportes e de Parques, en colaboración co equipo Luis Penido Rally Team, organizaron a plantación de 100 árbores para repoñer carballos da alameda e de distintas zonas verdes de Santiago de Compostela, co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de mitigar o cambio climático e compensar o impacto ambiental.

No acto de plantación, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, lembrou que é un compromiso do Goberno local incrementar o número de árbores para potenciar a renaturalización de espazos urbanos en Santiago de Compostela e destacou que “este é un exemplo de traballo en colaboración con entidades deportivas preocupadas por conseguir que Santiago de Compostela teña maior calidade ambiental, porque o incremento e a reposición de árbores van acordes aos principios da práctica saudable do deporte para o benestar da veciñanza”.”Queremos que a práctica deportiva contribúa a fomentar hábitos de vida saudables entre a poboación, constitúe unha alternativa no tempo de lecer que facilita o contacto entre veciñas e veciños, o coñecemento das realidades máis próximas e fomenta valores de esforzo, respecto e amizade, ao que queremos engadir esta aposta por mellorar a sensibilidade ambiental para favorece un futuro mellor para as xeracións vindeiras”, explicou Lueiro.Pola súa parte, o concelleiro de Parques Xesús Domínguez, anunciou que logo desta plantación inicial o resto das árbores doadas polo Luis Penido Rally Team se porán na carballeira de San Lourenzo e noutros parques que precisan de plantas para a súa reposición.Xesús Domínguez indicou que “esta actividade de plantación de árbores permite adaptar a cidade para os efectos do cambio climático e mellorar o confort térmico, coa renaturalización de espazos urbanos mediante o incremento do número de árbores de árbores de sombra, para mellorar o benestar e a regulación térmica en todas as estacións do ano”.O piloto compostelán Luis Penido, comentou que “no noso equipo móvenos a paixón; a paixón polo deporte, a paixón pola competición, a paixón pola honestidade e o traballo en equipo e, como non, a paixón pola nosa terra e por levar o nome de Compostela e de Galicia alá onde competimos”.Pola súa banda, Daniel Blanco, director deportivo do equipo resaltou que “para o Luis Penido Rally Team a Responsabilidade Social Corporativa é algo que realmente nos importa”. “Cremos necesario dar exemplo e devolverlle á sociedade parte do que nos dan os seareiros e seareiras para implicarnos en temas de relevancia como a preservación do medio ambiente”, indicou. “Desta responsabilidade naceu o noso compromiso por acadar a pegada de carbono 0, intentando compensar as emisións derivadas das nosas participacións por Europa e España adiante”, engadiu.

Leer más:   As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional en Estados Unidos, Canadá e países europeos

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRCD Mallorca celebra la apertura de su estadio remodelado, financiado por LALIGA Impulso
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.