Inicio Últimas Noticias A gala dos Follas Novas salientará a importancia da comunidade do libro...

A gala dos Follas Novas salientará a importancia da comunidade do libro en Galicia

CAPITAL CULTURAL
A gala dos Follas Novas salientará a importancia da comunidade do libro en Galicia

02/05/2024 A entrega dos premios será conducida polo actor Xosé Barato coa “axuda” da intelixencia artificial. Os galardóns de honra son para Joseba Sarrionandia, o desaparecido Francisco Porrúa e a libraría Eixo. A gala terá lugar o vindeiro 11 de maio no Teatro Principal, emprazamento no que tivo lugar a rolda de prensa de presentación que contou coa presenza da concelleira de Capital, Míriam Louzao.

O vindeiro 11 de maio de 2024 terá lugar a xa tradicional gala dos premios Follas Novas do Libro Galego, que sirve para poñer remate a unha das actividades máis importantes da comunidade libreira en Galicia. Este evento foi presentado no ambigú do teatro polos representantes das entidades organizadoras e patrocinadoras, Asociación Galega de Editoras, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia, co apoio do Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e CEDRO.A novena edición destes premios queren reivindicar a importancia da comunidade do libro en Galicia, salientando a importancia de cada un dos sectores, autore/as, editoras, librarías e público lector que forman unha ampla comunidade na que se poden contar arredor de 600 autores e autoras, máis de 50 empresas editoras e 150 librarías. Esta edición dos premios tivo como punto de partida un milleiro de títulos e un proceso de selección posterior de cinco meses.O cumio deste proceso será a gala que se celebrará o vindeiro 11 de maio no Teatro Principal de Santiago. A gala será conducida polo actor Xosé Barato que “xogará” cunha “intelixencia artificial” para facer algo de comedia arredor dun dos desafíos que ten o mundo cultural de cara aos vindeiros anos. A entrada para esta gala é libre, pero é necesario solicitar un convite a este enderezo electrónico: libreiros@librarias.gal.Na presentación da gala participaciparon os representantes das asociacións impulsoras do premios, Óscar Porral, vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia (FLG); Cesáreo Sánchez Iglesias, da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega; e Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras. Xunto a eles, os representantes das entidades que prestan apoio á celebración dos premios, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos).Para a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, os premios Follas Novas son “un clásico da programación cultural en Santiago” e sinalou que estes galardóns “representan á comunidade lectora, a unha comunidade lectora activa, curiosa e con capacidade de falar de literatura e que se identifica moi ben con Santiago de Compostela”. A edila recordou que con este evento a cidade se erixe “en capital cultural deste noso país tan maravillosamente rico en letras e literatura” e aludiu á trascendencia da figura de Rosalía de Castro ou do labor do editor Ánxel Casal a través da imprenta Nós que “conseguiu espallar o coñecemento a través de numerosas publicacións en galego” e de María Miramontes “ao seu carón”.Henrique Alvarellos, presidente da AGE, destacou a importancia do sector do libro no conxunto da cultura do país, “En Galicia edítanse cada ano arredor de 1.000 títulos, os Follas Novas permiten visibilizar un mercado que ten como punto feble que as ventas do libro galego non chegan a supoñer o 10% do mercado do libro en Galicia”. O editor salientou que a literatura galega ‘‘conseguiu nos últimos cinco anos nove premios nacionais de literatura o que supuña unha demostración do capacidade creativa dos autores e autoras galegas’’.Óscar Porral, vicepresidente da FLG, salientou na súa intervención na rolda que estes premios son “outra demostración da vontade de libreiros e libreiras de darlle toda a visibilidade posible aos libros”. Neste sentido, o libreiro anunciou a ampliación de actividades dos premios para que os Follas Novas teñan maior protagonismo nas feiras do libro que se celebran por toda Galicia.Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, salientou a importancia dos premios asegurando que é “un caso único no Estado” que os premios sexan organizados conxuntamente por tres asociacións arredor do libro. O escritor tamén reclamou a creación dun instituto que se ocupe de promocionar aos autores e autoras galegas internacionalmente e que debería levar o nome de Rosalía de Castro.Cristina Rubal, subdirectora xeral de Bibliotecas e o Libro da Xunta de Galicia, lembrou que os premios son xa un clásico e un “evento importante para axudar a fortalecer o sector do libro”, dando a “coñecer a excelencia do libro, de autores, editores e libreiros, contribuíndo a mellorar a cultura de Galicia para conseguir unha sociedade máis avanzada e igualitaria”.Premios honoríficosCada unha das tres asociacións organizadoras entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais, nos que se salienta unha figura das letras, unha editorial ou persoa destacable do mundo editorial e unha libraría. Os galardóns que se entregarán na gala serán para a libraría Eixo, para o finado editor Francisco Porrúa e para o escritor vasco Joseba Sarrionandía.Premios FLG | Libraría EixoA Federación de Librarías de Galicia premiou nesta edición á Libraría Eixo, que acaba de cumprir 25 anos desde Javier Ibáñez abrira as súas portas en Ourense en 1999. Desde ese momento, a libraría converteuse nun axente cultural para a cidade, ofrecendo un catálogo de 25.000 títulos e realizando actividades destinadas a dar a coñecer o mundo literario e a crear unha comunidade lectora na cidade.Premio AGE | Francisco PorrúaA Asociación Galega de Editoras quere recoñecer este ano a quen foi un dos máis importantes editores de fala hispana no mundo. Francisco Porrúa, nacido en Corcubión en 1922 e finado en Barcelona en 2014, foi tradutor e editor en Arxentina e fundador dunha das principais editoras de ciencia ficción, Minotauro. Foi editor de Cortázar, Bradbury, Tolkien e Ballard, e tivo unha importancia decisiva na publicación de Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez. Tamén foi editor de Editorial Sudamericana e Edhasa.Premio AELG Escritor Galego Universal | Joseba SarrionandíaA Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), poeta e tradutor vasco, tamén coñecido como Sarri. Formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juristi y Ruper Ordorika. Nesa época foi detido por pertenza a ETA e seguiu publicando e gañando premios literarios desde o cárcere. Protagonizou unha fuga da prisión en 1985 e non regresou a Euskadi ata o ano 2021. É membro da Euskaltzaindia e tradutor de Eliot ou Pessoa. Ten publicado arredor de corenta títulos de narrativa, poesía, ensaio ou literatura infantil. Ademais, Sarrionandía, foi un dos tradutores ao vaso dos clásicos da literatura galega.

Leer más:   O concerto "Los 40 Santiago Pop" e a orquestra Panorama abren as Festas da Ascensión deste ano

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de mayo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 2 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.