Inicio Últimas Noticias A obra teatral ‘El Padre’, con Josep María Pou, adíase ata o...

A obra teatral ‘El Padre’, con Josep María Pou, adíase ata o 3 de marzo

CAPITAL CULTURAL
A obra teatral ‘El Padre’, con Josep María Pou, adíase ata o 3 de marzo

09/01/2024 O espectáculo de Focus e Teatre Romea, programado inicialmente para o venres 1, trasládase ao domingo día 3 de marzo a causa das compañías promotoras. Compostela Cultura contactará coas persoas posuidoras de entradas para ese espectáculo co fin de achegarlles máis información sobre cambios e devolucións, que poderán realizarse do 10 ao 30 de xaneiro.

Compostela Cultura vese na obriga de adiar a obra teatral El Padre por causas alleas á organización da súa tempada de artes escénicas. A peza que protagoniza Josep María Pou, e que fora inicialmente programada para o venres 1 de marzo, representarase finalmente o día 3 de marzo ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia por necesidade das compañías promotoras.A organización de Compostela Cultura contactará coas persoas posuidoras de entrada para notificarlles o adiamento e comunicarlles as vías e prazos dispoñibles para solicitar a cancelación de non poder asistir á representación na nova data. Poderán facelo do 10 ao 30 de xaneiro de maneira presencial no despacho de billetes da Zona C (aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h), ou ben solicitalo por correo electrónico mediante o envío dunha mensaxe ao enderezo información@compostelacultura.gal.Aquelas persoas posuidoras de entrada que desexen asistir á representación manterán as súas localidades.Se adquiriron as entradas no despacho de billetes da Zona C, poden acudir directamente con elas ao Auditorio de Galicia o día da función, pois serán igualmente válidas. Tamén o serán se as adquiriron a través do portal compostelacultura.gal, pero se o prefiren poderán descargalas actualizadas coa nova data accedendo á sección ‘Os meus movementos’ da web co seu perfil de usuaria/o.O equipo de Compostela Cultura lamenta as molestias ocasionadas por este adiamento alleo á súa organización e agarda contar coa comprensión das espectadoras e espectadores.

Leer más:   Bota a andar o novo executivo municipal co reparto de áreas e a primeira reunión da Xunta de Goberno local

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorJorge Rey anuncia la llegada de una nueva Filomena a Santiago de Compostela. Cuándo llega la DANA
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 9 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.