Inicio Últimas Noticias O Concello recorda cunha ofrenda floral a figura de Valle-Inclán

O Concello recorda cunha ofrenda floral a figura de Valle-Inclán

ALCALDÍA
O Concello recorda cunha ofrenda floral a figura de Valle-Inclán

06/01/2024 O cemiterio de Boisaca acolleu hoxe a ofrenda floral ao escritor e dramaturgo Ramón María del Valle Inclán por parte do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia, do Museo Valle-Inclán e dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa. A alcaldesa de Santiago referiuse ao escritor como unha “figura central desde o punto a de vista literario, cultural, pero tamén desde o punto de vista persoal” e salientou a súa vinculación con Compostela e a súa contribución a “formar a estética literaria da cidade”. A rexedora tamén dedicou unhas palabras ao polifacético galeguista Isaac Díaz Pardo, “un amigo da cultura e defensor da terra” que “traballou sempre a prol da memoria histórica”. Ambos persoeiros faleceron un 5 de xaneiro, o primeiro do ano 1936 e o segundo de 2012.

Leer más:   Bota a andar a Comisión de seguimento do Protocolo de colaboración entre o Concello e a USC

Durante o acto, a alcaldesa depositou as ofrendas florais do Concello sobre as tumbas de Ramón María del Valle Inclán e de Isaac Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca, e salientou que son dous persoeiros que forman parte da “memoria colectiva” e continúan “facéndonos medrar desde o punta de vista intelectual e persoal”.Na ofrenda a Valle-Inclán tamén estivo presente un dos seus netos, Xaquín del Valle-Inclán; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; membros da Corporación municipal de Santiago; e representantes dos concellos de Vilanova de Arousa, da Pobra do Caramiñal, da Asociación Amigos de Valle-Inclán e do Foro Galicia e Valle-Inclán.Esta homenaxe a Valle-Inclán responde a un acordo plenario do Concello de Santiago de 1985, a proposta do entón concelleiro Luis Pasín.

Leer más:   A Xunta de Goberno aproba a licitación do servizo de implantación do sistema de sinaléctica intelixente

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEmoción en LaLiga: El partido de Girona se lleva la corona en audiencia frente al Real Madrid
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 6 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.