Inicio Últimas Noticias A bela dormente de Chaikovski protagoniza o Concerto de Reis da Real...

A bela dormente de Chaikovski protagoniza o Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia

CONSORCIO
A bela dormente de Chaikovski protagoniza o Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia

02/01/2024 A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o vindeiro venres, 5 de xaneiro (21h), no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, o seu tradicional Concerto de Reis que levará por nome A bela dormente e no que unha selección de pezas deste fermoso ballet de Chaikovski será protagonista. Esta actuación está incluída dentro da temporada de abono da RFG: Migracións.

Este recital estará dirixido por Sebastian Zinca, e nel participará como narradora e actriz Inés Salvado Gontad. Zinca foi o elixido como director asistente, cargo que comenzará a desempeñar a vindeira semana. Ademais, nesta ocasión, o ensaio xeral que se levará a cabo ese mesmo venres ás 10h da mañá tamén estará aberto ao público con acceso libre.Ballet históricoA bela dormente é un ballet con grande historia xa desde a súa estrea, na cal se deron cita os nomes lendarios do ballet ruso: a coreografía de Petipa e a música de Chaikovski, na súa primeira colaboración. Este ballet suaviza a crúa trama do conto de Perrault deixando toda a historia nunha loita xenérica entre o ben o mal. Malia á beleza da música e a todos os achados de A bela dormente, o ballet recibiu como única valoración un sucinto “moi bonito” do Tsar Alexandre III. Co paso do tempo, o enfado de Chaikovski sería recompensado pola valoración da historia.Narradora e actrizEste concerto contará con Inés Salvado Gontad como narradora e actriz do ballet, quen está vencellada ás artes escénicas desde o ano 2006, traballando na compañía profesional A Feroz ou como actriz no Centro Dramático Galego na peza O Charco de Ulises.Ademais, Inés é integrante do grupo musical De Vacas, galardoado nos Premios da Música Martín Códax en 2016 e premiado na II edición do Festival Territorio Violeta na Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo no 2018. Tamén é vocalista e percusionista na banda de Budiño e no Coro Encaixe.Entradas á vendaOs tickets de acceso ao concerto poden adquirirse no despacho de billetes da Zona C ou a través da web compostelacultura.org a un prezo de 15€.

Leer más:   O vindeiro 23 de xaneiro celébranse as eleccións ao Consello de Medio Rural

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de enero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 2 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.