Inicio Últimas Noticias O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Migrantes e anuncia actividades...

O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Migrantes e anuncia actividades de concienciación

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Migrantes e anuncia actividades de concienciación

18/12/2023 O Concello de Santiago sumouse hoxe á conmemoración do Día Internacional das Persoas Migrantes, que se celebra cada 18 de decembro. Representantes da Corporación municipal e da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas gardaron un minuto de silencio diante do Pazo de Raxoi para esixir o respecto aos dereitos fundamentais e ás liberdades das persoas migrantes. Despois, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presentou en rolda de prensa as actividades de concienciación que se levarán a cabo en colaboración coa Rede nos próximos meses. Fíxoo acompañada por Miguel Fernández e Santiago Agrelo.

O Día Internacional das Persoas Migrantes celébrase cada 18 de decembro desde o ano 2000. O obxectivo é reivindicar os dereitos de todas as persoas que se desprazan dos seus países de orixe, en base á Convención Internacional de Nacións Unidas sobre a protección dos dereitos das persoas traballadoras migrantes e das suas familias, que segue a ser vulnerada sistemáticamenteActividades de concienciaciónMaría Rozas explicou que nos próximos meses haberá diferentes accións de concienciación nas que a concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colaborará coa Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas. Así, para o 11 de xaneiro está previsto o reparto de material informativo no Auditorio de Galicia, durante o concerto co que se lle renderá homaxe ao compositor español Roberto Gerhard, dentro do ciclo (EN)FOCO.Xa en febreiro, o día 9, o Teatro Principal acollerá a representación da obra “Aquí nunca pasa nada”, da compañía Sen papeles. Trátase dun proxecto que profundiza no compromiso coas persoas migrantes, centrándose na trata de mulleres con fins de explotación sexual. Dirixida por Moisés Mato, a obra está inspirada na Operación Carioca, a maior operación contra a trata destapada en España, con 90 persoas implicadas e 400 mulleres vítimas da rede.Ademais, o departamento de Dereitos e Servizos Sociais colaborará coa Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para recuperar unha exposición que xa se puidera visitar en 2021, que recolle os nomes das persoas refuxiadas e migrantes mortas.Reivindicacións da Rede Galega de Apoio ás Persoas RefuxiadasNa rolda de prensa, o representante da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas reiterou a necesidade de “darlle visibilidade á violación de dereitos humanos nas fronteiras europeas e ao gran número de mortes que está causando o peche ilegal da Europa Fortaleza, un total de 52.760 documentadas”. Miguel Fernández reivindicou que se atendan dereitos básicos destas persoas e, en concreto, que os países da Unión Europea establezan un protocolo idéntico de actuación coas persoas que solicitan asilo ao que se aplicou coas persoas ucraínas que fuxían da guerra do seu país “porque demostrou a súa efectividade e os dereitos deben ser iguais para todas as persoas que solicitan asilo, veñan de onde veñan”. Tamén reclamou a derogación do acordo con Turquía de 2016 que establecía a creación de campos de refuxiados nese país para impedir a súa chegada a Europa; e que o Goberno español poña en marcha os medios necesarios para unha axeitada atención ás persoas refuxiadas. Nese sentido, Fernández denunciou que en Galicia “as persoas refuxiadas teñen que esperar máis dun ano para accederen á súa cita de solicitude de asilo, quedando mentres tanto nunha situación de práctica irregularidade administrativa que lles impide acceder a un emprego ou a un contrato de alugueiro”. Por último, o representante da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas pediu tamén máis medios e recursos na atención ás persoas migrantes e refuxiadas veciñas de Santiago, como servizos xurídicos e psicolóxicos, axuda complementaria ao estudo, ou servizo de tradución para a información que lles é esencial.Na rolda de prensa tamén interviu o franciscano Santiago Agrelo, exbispo de Tánxer, que lamentou que “a situación das persoas migrantes empeorou ao longo destes vinte anos, e iso demostra que algo falla na conciencia social e tamén na clase política”. Nese sentido, incidiu en que “as mortes que se seguen producindo no sur da península demostran que a política está ao servizo de determinados intereses económicos que ninguén quere cuestionar, porque deles depende que a cidadanía europea se manteña en altos niveis de vida que dependen de non mudar a situación no continente africano”.A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas aproveitou a comparecencia para convidar a toda a veciñanza a participar no próximo Círculo de Silencio, o acto co que mensualmente recorda a realidade das persoas migrantes. Será o vindeiro xoves día 4 de Xaneiro ás 20:00 horas na praza de Cervantes.

Leer más:   Últimas horas para a presentación de propostas no proceso dos Orzamentos Participativos de Xuventude

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de diciembre de 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.