Inicio Últimas Noticias A alcaldesa entrega os Premios de Investigación Antonio Fraguas sobre o traxe...

A alcaldesa entrega os Premios de Investigación Antonio Fraguas sobre o traxe galego tradicional

ALCALDÍA
A alcaldesa entrega os Premios de Investigación Antonio Fraguas sobre o traxe galego tradicional

13/12/2023 O XXVI Premio de investigación Antonio Fraguas recaeu nesta edición nas obras “Glosario ilustrado do traxe tradicional galego” de José Luis Rodríguez Álvarez, na modalidade decriptiva, e “De lonxe ata Galicia: as influencias de fóra no traxe tradicional galego” do autor David Quiñones Vázquez, na categoría analítica. A alcaldesa Goretti Sanmartín presidiu o acto de entrega dos galardóns que contou coa presenza das concelleiras Míriam Louzao e Pilar Lueiro e varios membros da Corporación municipal e as actuacións do coro e do grupo de pandeireteiras da Asociación do Traxe Galego.

O xurado recoñeceu o labor de José Luis Rodríguez Álvarez na modalidade descritiva pola súa proposta “Glosario ilustrado do traxe tradicional galego”, xa que se trata dunha “ferramenta ben elaborada, referenciada e documentada” que a convirte nunha “obra necesaria no eido etnolóxico” grazas á súa “descrición exhaustiva das diversas prendas nos diversos lugares e nas diversas familias”.Na categoría analítica, o xurado decidiu outorgar o galardón ao autor David Quiñones Vázquez, polo seu traballo ‘De lonxe ata Galicia: as influencias de fóra no traxe tradicional galego”.Na súa intervención, a alcaldesa Goretti Sanmartín parabenizou aos dous gañadores, “ambos membros da asociación etnográfica Sete Espadelas e amplamente coñecidos e recoñecidos” no mundo do traxe tradicional. Ademais, felicitou á Asociación do Traxe Galego polo “traballo continuado e constante que leva realizando ao longo dos seus 28 anos de traxectoria”, con iniciativas participativas como a organización do Día do Traxe Galego ou coa Feira do Vestir “De onte e de hoxe”, coas que o Concello colabora como “aliado activo neste labor de dignificar e homenaxear o traxe galego”.A rexedora fixo fincapé na importancia de lucir o traxe galego “con orgullo” pero tamén “coñecelo, investigalo, volver a vista ás hemerotecas, aos museos, aos retratos antigos, á tradición oral, as arcas que aínda se manteñen nas casas, ao oficio de coser e a outros oficios artesanais como o dos e das zoqueiras ou a acibecharía”.O xurado desta edición estivo formado por José César Llana Rodríguez, director do Museo Etnográfico de Ribadavia; Alfredo Iglesias Dieguez, especialista en evolución biolóxica e social da humanidade e coordinador da Enciclopedia Galega Universal; Xosé Manuel González Reboredo, antropólogo, etnógrafo, membro do padroado do Museo do Pobo Galego, Membro do Consello Editorial do Proxecto Galicia e coordinador dos volumes de Antropoloxía Cultural de Hércules de Edicións; e Ana María Blanco Gómez, membro da Fundación Rosalía de Castro. Actuou como secretaria, Susana Peleteiro Fernández, secretaria da Asociación do Traxe Galego.Os dous autores gañadores recibirán un premio por unha contía de 1.800 euros por categoría.

Leer más:   O Concello presentará á veciñanza o vindeiro luns a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

- Te recomendamos -
Artículo anterior‘Land of goals’, el videojuego más reciente de LALIGA Entertainment que integra fútbol y aventuras
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.