Inicio Últimas Noticias O Concello de Santiago presentará o proxecto SMARTiAuGA ás axudas do...

O Concello de Santiago presentará o proxecto SMARTiAuGA ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar a xestión da auga no municipio

XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago presentará o proxecto SMARTiAuGA ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar a xestión da auga no municipio

12/12/2023 A Xunta de Goberno local deu luz verde á participación do Concello de Santiago na segunda convocatoria de subvencións lanzada polo PERTE de dixitalización do ciclo da agua dentro do Plan de Resiliencia, co proxecto “Xestión intelixente do ciclo urbano da auga de Santiago de Compostela – SMARTiAuGA”. Este proxecto, que conta cun orzamento de preto de 4 millón de euros, permitirá a modernización e a mellora da eficiencia na xestión da auga no municipio.

Co proxecto SMARTiAuGA, o Concello de Santiago pretende mellorar a xestión do ciclo da auga na cidade, implementando unha serie de melloras tecnolóxicas e infraestruturais, en liña coa súa estratexia global de transformación dixital cara a consecución dunha cidade intelixente ou smart city. Este proxecto conta cun orzamento de 3.953.386,56 euros en tres anualidades: 1.467.241 euros para o ano 2024, 2.144.066 eruos para o ano 2025 e 342.079 euros para o ano 2026.Para o seu cofinanciamento, o Concello presentará este proxecto á convocatoria lanzada dentro do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) de Dixitalización do Ciclo da auga, enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cuxo obxectivo é mellorar a eficiencia do ciclo urbano da auga, reducindo as perdas de auga nos sistemas de distribución de auga e mellorando as infraestruturas de tratamento de augas residuais. A través destes fondos financiaranse tres tipos de actuacións: de planificación (tipo A), de implementación de accións de mellora da eficiencia e dixitalización (tipo B) ou de xestión da información (tipo C).SMARTiAuGAO proxecto SMARTiAuGA, que conta un prazo de execución previsto de 28 meses a partir do 1 de marzo de 2024, permitirá unha mellora integral na xestión do ciclo da auga no termo municipal de Santiago, abastecido na actualidade por dúas captacións, unha situada na propia estación de tratamento de auga potable do río Tambre situada no lugar de Marzo de Abaixo, parroquia de Santa María de Grixoa, e outra nos mananciais de Brins e Chopo.A través das diferentes actuacións que se desenvolverán no marco desde proxecto, o Concello pretende sentar as bases tecnolóxicas, metodolóxicas e infraestruturais para a centralización, integración, procesamento e explotación da información hídrica destes sistemas co fin de dotar ao organismo de conca competente de ferramentas máis áxiles e eficientes para a xestión deste recurso. Ademais, a implementación destas solucións permitirá incrementar a transparencia na xestión da auga ante usuarios e administracións competentes, así como contribuír á correcta administración do dominio público hidráulico e á protección das augas.Na actualidade, Santiago conta cun baixo grao de dixitalización das súas infraestruturas do ciclo da auga, as cales carecen das innovacións tecnolóxicas máis recentes e, practicamente non existe unha monitorización directa das captacións do dominio público hidráulico do termo municipal, dado que a súa análise e contabilización non se realiza ata que non entran a algunha das infraestruturas do ciclo integral, xa sexa a propia estación de tratamento de auga potable do Tambre, ou o depósito da Almáciga.

Leer más:   Turismo de Santiago promociónase en Seúl co obxectivo de reactivar o mercado coreano

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorExpectativas del sector fotovoltaico: países de la COP28 triplicarán la potencia de renovables
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.