Inicio Últimas Noticias Ábrese o prazo de inscrición para o concurso de decoración de Nadal...

Ábrese o prazo de inscrición para o concurso de decoración de Nadal en vivendas particulares

RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de inscrición para o concurso de decoración de Nadal en vivendas particulares

12/12/2023 Todas aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse desde mañá e ata o día 19 de decembro no Concurso de Decoración de Nadal Veciñal que premiará ás mellores composición decorativas en fachadas, balcóns e xardíns de vivendas particulares do Concello. As catro mellores propostas recibirán un premio de 500 euros cada unha.

O BOP acaba de publicar as bases da nova convocatoria do “Concurso de Decoración de Nadal Veciñal”, unha iniciativa impulsada pola concellaría de Relacións Veciñais do Concello de Santiago coa que se busca premiar o esforzo decorativo da veciñanza. Poderán participar no concurso todas as persoas empadroadas que sexan propietarias ou arrendatarias de vivendas situadas no termo municipal do Concello de Santiago e que decoren as súas fachadas, balcóns e fiestras ou xardíns con iluminación e motivos de Nadal.O prazo de presentación de solicitudes para este concurso comezará mañá día 13 de decembro e rematará o día 19 de decembro de 2023. As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecomostela.gal) a través do trámite “Solicitude de subvención” ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais.A decoración deberá estar exposta dende o vindeiro 22 de decembro ata o día 6 de xaneiro de 2023. De cara á decisión final, os/as concursantes terán que enviar, antes do 25 de decembro, dúas fotos polas que se poida visualizar a decoración realizada na vivenda ao enderezo electrónico relacionsvecinais@santiagodecompostela.gal, facendo referencia aos datos do participante.Para elixir aos gañadores, o xurado valorará a creatividade dos concursantes en base aos criterios de composición e deseño, a orixinalidade e a elaboración propia. Tamén se terá en conta a utilización da iluminación como foco de atracción e o uso de materiais de refugallo. As catro propostas gañadoras obterán un premio de 500 euros cada unha.

Leer más:   Arrancan as Festas do Entroido este sábado co desfile do Meco e o pregón de Talía Teatro

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorExpectativas del sector fotovoltaico: países de la COP28 triplicarán la potencia de renovables
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.