Inicio Últimas Noticias O vindeiro 2 de maio ábrese o prazo de inscrición para os...

O vindeiro 2 de maio ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de verán e do curso 2024-2025 nas Escolas Infantís Municipais

EDUCACIÓN
O vindeiro 2 de maio ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de verán e do curso 2024-2025 nas Escolas Infantís Municipais

30/04/2024 As Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, ofertan para este verán un total de 45 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 8 anos. Tamén poderán solicitarse as prazas para os obradoiros que se desenvolverán ao longo do curso 2024-2025, desde setembro ata xuño. Para ambas modalidades o prazo de inscrición estará aberto desde o 2 ata o 10 de maio.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos (2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria). O número total de prazas tanto durante o curso escolar, como nos períodos específicos de vacacións escolares, distribuiranse por centro da seguinte maneira: 15 prazas para a Escola Infantil Municipal de Conxo, 15 para a das Fontiñas e 15 para a de Meixonfrío-Salgueiriños.Con estes obradoiros búscase facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia, a través dos seguintes obxectivos específicos comosensibilizar aos nenos/as con diferentes disciplinas artísticas de xeito divertido, Fomentar a curiosidade e as gañas de aprender, desenvolver a autonomía persoal no día a día, dar a coñecer diferentes actividades lúdicas de lecer e tempo libre e promover o traballo en equipo e a creatividade para fomentar o compañeirismo e a tolerancia e coñecer o entorno que nos rodea.InscriciónTanto para os obradoiros de verán como para os do curso 2024/2025, a data de inscrición para o alumnado xa matriculado estará aberto desde o vindeiro xoves, 2 de maio ata o 10 de maio. O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 20 ao 29 de maio.As solicitudes presentaranse por medios electrónicos ou de xeito presencial, solicitando cita previa, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.Os impresos de solicitude estará dispoñible, xunto coa información complementaria, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, no Departamento de Educación (Edificio CERSIA, Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n), e na sede electrónica da web municipal (Catálogo de trámites na plataforma electrónica: “Inscrición nos obradoiros das escolas infantís municipais”. Modelo ED003).Horarios de veránOs obradoiros de verán desenvolveranse nos meses de xullo e agosto (agás sábados, domingos e festivos), en horario 10:00 h a 14:00 h con posibilidade de solicitar o servizo de almorzo (de 09:00 h a 10:00 h); e de comedor (de 14:00 h a 15:00 h), así como as franxas “fóra do horario”, entre as 07:30 h e as 10:00 h e entre as 15:00 h e as 16:00 h.

Leer más:   A biblioteca José Saramago dos Centros Socioculturais súmase á celebración do Día da Poesía

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCesur amplía su presencia en Madrid con un campus gigante de formación profesional
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.