Inicio Últimas Noticias ‘Romeo y Julieta despiertan…’, con Ana Belén e Jesús Noguero, chega esta...

‘Romeo y Julieta despiertan…’, con Ana Belén e Jesús Noguero, chega esta fin de semana ao Auditorio de Galicia

CAPITAL CULTURAL
‘Romeo y Julieta despiertan…’, con Ana Belén e Jesús Noguero, chega esta fin de semana ao Auditorio de Galicia

24/01/2024 A obra ofrece unha revisión da traxedia shakesperiana que abre o foco ‘A voltas cos clásicos’ da temporada escénica de Compostela Cultura. As entradas para as dúas funcións programadas, o venres 26 e o sábado 27 ás 20.30 horas, poden ser adquiridas en compostelacultura.gal e na Zona C ·Punto de Información Cultural

O Auditorio de Galicia programa esta fin de semana dúas funcións de Romeo y Julieta despiertan…, unha revisión da traxedia clásica shakesperiana a partir dun texto de Eberhard L. Petschinka que conta con dirección de Rafael Sánchez e as interpretacións de Ana Belén e Jesús Noguero, alén da música ao vivo de José Luis Torrijo (guitarra), Irene Rouco (violoncello) e David San José (piano e dirección musical).Este espectáculo de Entrecajas Producciones Teatrales e Teatro Español, encadrado no programa Platea do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), retoma e dá continuidade ao relato dos amantes de Verona a partir do suposto de que o seu final non foi a morte senón un longo letargo de 50 anos. “E así, o que sempre cremos que era o final da traxedia, é o comezo da verdadeira historia dos amantes máis famosos do mundo. Entre a felicidade de por fin poderen estar xuntos e a enorme tristeza de non ser quen de vivir unha vida enteira, xuntos os dous tentan pescudar como chegaron até aquí e que é o que aínda os une”, indícase na presentación da obra.Ao espertaren, Xulieta e Romeo reflexionan sobre o amor e o paso do tempo, sobre a diverxencia entre a realidade e o recordo, sobre a identidade e o esquecemento. A través deste xogo adubado con notas humorísticas, a obra procura mover á reflexión sobre se a paixón, a inspiración ou a beleza son privilexios da xuventude.O espectáculo abre o Foco ‘A voltas cos clásicos’ da nova temporada escénica de Compostela Cultura, no que conflúen pezas que dialogan con algunhas obras teatrais consideradas canónicas para reinterpretalas e sometelas á unha ollada contemporánea. As entradas para as dúas funcións programadas, o venres 26 e o sábado 27 ás 20.30 horas, poden ser adquiridas a un prezo de 14 € (con descontos do 50% para diferentes colectivos) en compostelacultura.gal, na Zona C ·Punto de Información Cultural (de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h) ou no despacho de billetes do Auditorio de Galicia (o día da función dende 1 hora antes do seu inicio).

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Tragedia gallega: fallece un hombre de 56 años tras desplomarse en una calle de Santiago

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl 24 de enero el Parlamento Europeo presenta “La última vez que fuimos niños” de Claudio Bisio
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 24 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.