Inicio Últimas Noticias O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto...

O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

COMERCIO
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

10/01/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

A concelleira María Rozas presentou hoxe “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, nunha rolda de prensa na que participou a coordinadora do proxecto, Carmen Díaz. A tenenta de alcaldesa mostrou a súa satisfacción por poder colaborar cunha iniciativa “que nos fai sentir orgullo polo noso tecido comercial, que nos ratifica en que os pequenos establecementos son os que contribúen a facer cidade, e que demostra a súa vocación social e innovadora”. Ademais, Rozas incidiu en que o proxecto “xunta dous dos ámbitos de traballo da miña concellaría: o comercio e os dereitos sociais e a cooperación, e facilita dar a coñecer o traballo de entidades sociais entre un público diferente ao que lles pode ser máis habitual”.Pola súa banda, Carmen Díaz puxo en valor a colaboración entre as doce comerciantes, todas mulleres, que xurdiu a partir dun curso de formación no que participaron todas elas. Tal e como explicou, cada comerciante elixiu a entidade solidaria coa que se sentía máis identificada “para difundir o seu traballo e establecer vías de cooperación”. A coordinadora de “12 Comercios, 12 Sensibilidades” aproveitou para poñer en valor “o carácter emprendedor e innovador do comercio de Santiago, e en concreto destes establecementos que sempre se implican en iniciativas sociais e culturais, non só como maneira de promocionarse senón desde o seu convencemento de que deben ser parte activa da comunidade”.A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros. Os once comercios restantes informarán da causa, para darlle máis visibilidade e favorecer o fluxo de clientela.O programa comeza neste mes de xaneiro. Será coa tenda online de artesanía e antigüidades Águila Atlántica, que dará a coñecer o traballo da Fundación Pictoaplicaciones, un proxecto solidario do Grupo Promedia orientado a persoas con Trastorno do Espectro Autista ou con outro tipo de trastornos na comunicación e linguaxe oral.”12 Comercios, 12 Sensibilidades” chegará en febreiro á xoiaría José Antonio, que colabora con Solidaridad Internacional de Galicia; en marzo será o turno de Naf Naf Santiago, que difundirá a actividade do programa Vagalume de axuda ás mulleres en situación de prostitución; e en abril o Centro Deportivo Atmósfera porá en valor o traballo da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple. En maio, Papelería Xaquín colaborará con AGADEA, a Asociación galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzheimer; xuño será o turno da colaboración entre La Tienda de María e a Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo; en xullo o Mercado Galego da Creatividade difundirá o traballo de Avante, a Asociación de Persoas con Discapacidade de Val do Dubra; e en agosto a tenda de cosmética natural Maravalla dará a coñecer o traballo do Refuxio de Bando.Xa en setembro, o programa “12 Comercios, 12 Sensibilidades” chegará a Cousas do Campo, que colabora con Daqui darrederee, unha entidade cooperativa de Brión; outubro será o mes da xoguetería Escondi-T, a favor da Obra Social de Pediatría; en novembro, María Brey Diseño e Interiorismo traballará en prol da Cociña Económica; e o programa pecharáse en decembro coa tenda Quenlla SCQ, en favor de Las Olvidadas, un proxecto para achegar a literatura a mulleres presas en diferentes cárceres.Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.

Leer más:   A veciñanza poderá achegar as súas "estrelas e desexos" á Alameda o vindeiro 30 de decembro

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl hotel menorquín Vestige Son Ermitá & Binideufá impresiona a The Telegraph
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 10 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.