Inicio Últimas Noticias Os Reis Magos repartiron ilusión na Cabalgata ‘A Estrela de Nadal’

Os Reis Magos repartiron ilusión na Cabalgata ‘A Estrela de Nadal’

FESTAS
Os Reis Magos repartiron ilusión na Cabalgata ‘A Estrela de Nadal’

05/01/2024 ‘A Estrela do Nadal’ foi o lema dunha nova edición da Cabalgata de Reis, que encheu as rúas de Compostela de fantasía, personaxes variados e moitas sorpresas. Preto de 500 persoas participaron nun desfile dinámico e participativo que partiu da praza de Nosa Señora da Mercé e na que se repartiron 1400 quilos de caramelos. Os Reis Magos foron recibidos na praza do Obradoiro pola alcaldesa e a Corporación municipal, e escoitaron os desexos dos nenos e nenas que se achegaron ata o Pazo de Raxoi.

Este ano, as carrozas dos tres Reis Magos estiveron coroadas pola estrela de oito puntas de Compostela e escoltadas polas carruaxes do carteiro e heraldos reais e por outra chea de agasallos. Formaron parte da comitiva un desfile de príncipes e princesas hindúes, criaturas máxicas do bosque e personaxes Disney así como dous trens turísticos coas familias que o solicitaron. Ademais, tamén danzaron polas rúas animais inchables cheos de luz, acróbatas, músicos, zancudos e ata transformers mecánicos.Gaspar, Melchor e Baltasar saíron ás 17 horas da praza de Nosa Señora da Mercé de Conxo cara a praza Roxa e percorreron o Ensanche compostelán ata chegar a unha praza de Galicia ateigada de cativada. A comitiva recalou sobre as 18:30 horas na praza do Obradoiro onde as Súas Maxestades foron recibidas pola alcaldesa e por varios membros da Corporación municipal.Os Reis Magos saudaron e dedicaron unhas palabras á cativada congregada na praza desde o balcón do Pazo de Raxoi e pasaron a continuación o Salón Vermello onde recibiron e escoitaron as peticións e desexos das nenas e nenos que se achegaron ao Concello.Espectáculos artísticos diversosDa posta en escena desta Cabalgata encargáronse preto de 500 persoas, entre grupos profesionais, asociacións veciñais colaboradoras e persoas voluntarias. Participaron diversas agrupacións artísticas con espectáculos de diferentes temáticas, moitos deles deseñados e dirixidos para a ocasión. Entres elas estiveron a Banda de Tambores e Cornetas e a Banda Cofradía Vera Cruz; compañías como Culturactiva, os Quinquilláns ou Pista Catro; ou as asociacións A Ruliña de Laraño e Don Bosco, entre outras.As familias que se achegaron á praza do Obradoiro tamén pudieron gozar dunha chocolatada con churros ofrecida polo Concello de Santiago. Tamén se repartiron 1.400 quilos de caramelos.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Novedades: la alcaldesa de Betanzos vincula el ataque a dos buses con un "conflicto laboral"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 4 de enero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.