Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno aproba inicialmente o Estudo de Detalle da USC...

A Xunta de Goberno aproba inicialmente o Estudo de Detalle da USC para a construción do Centro de Ciencias da Saúde no Campus Sur

XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba inicialmente o Estudo de Detalle da USC para a construción do Centro de Ciencias da Saúde no Campus Sur

18/12/2023 A Xunta de Goberno local deu luz verde esta mañá á aprobación inicial do Estudo de Detalle da parcela ZEU-25, promovido pola USC en desenvolvemento do Plan Especial do Campus Universitario (PE-8), para a construción do Centro de Ciencias da Saúde no Campus Sur. Tamén se autorizou a recepción das obras do espazo interxeneracional no barrio de Sar e de mellora da accesibilidade en Pontepedriña. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta destes e outros temas tratados na Xunta de Goberno nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Durante a rolda de prensa, Goretti Sanmartín explicou que a aprobación inicial do Estudo de Detalle da parcela ZEU-25 “onde se vai situar o Campus de Ciencias da Saúde”, permitirá “ordear todas as edificacións da zona prevendo a situación dos espazos e a súa edificabilidade e das parcelas que acabarán funcionando como zonas verdes ou como prazas de aparcamento”, das que concretou que haberá “350 prazas”. “Apróbase inicialmente este Estudo de Detalle e sométese a información publica por prazo dun mes e despois irá á aprobación definitiva” no Pleno, polo que “o proxecto aínda pode sufrir modificacións”, indicou a rexedora.O Estudo de Detalle ten como obxectivo materializar o proxecto seleccionado no concurso de propostas arquitectónico-urbanísticas convocado pola USC para a construción do Centro de Ciencias da Saúde no ámbito denominado ZEU-25 no vixente Plan Especial PE-8 do Campus Universitario.A área ZEU-25 está composta por dúas áreas edificables (ZEU-25A e ZEU-25B) separadas pola nova rúa recentemente urbanizada, que vai desde a Avenida de Gómez de Marzoa ate a rotonda da Avenida do Mestre Mateo. Para a área ZEU-25A (de 7.969 m² de superficie), o Estudo de Detalle determina unha ocupación máxima de 3.918 m²; mentres que para a área ZEU-25B (de 2.362 m² de superficie), determínase que queda libre de edificación. A porcentaxe de ocupación da área ZEU-25A será do 49,16 %, (fronte ao 70 % do PE-8) e da área ZEU-25B do 0 % (fronte ao 100 % do PE- 8). Así pois, no total da área ZEU-25, a ocupación máxima será do 37,92 % fronte á máxima total do 76,85 % prevista polo PE-8 vixente para o conxunto.Recepción das obras no barrio de Sar e PontepedriñaA Xunta de Goberno Local deu luz verde á autorización para a recepción definitiva das obras de creación dun espazo interxeneracional no barrio de Sar. Goretti Sanmartín detallou que o remate das obras “está previsto para o 20 de decembro” e o seu obxectivo foi a posta á disposición da cidadanía dun “espazo onde poida convivir crianzas, rapazada de distintas idades e persoas maiores, con espazos de xogos e outros axardinados con árbores” na parcela situada entre a ‘Ruta da Prata’ e a calzada do Cruceiro do Sar.Este contrato fora adxudicado polo executivo municipal o pasado mes de xullo á empresa a ALCOMTE GALICIA SL por un importe de 126.984,82 € (104.946,13 euros máis IVE).Tamén se acordou a autorización para a recepción de obras Obras de mellora da accesibilidade no barrio de Pontepedriña co fin de “mellorar a conexión entre o barrio e o ensanche e o centro”, unha intervención que permitiu a instalación de “dous pasos peonís sobre o río Sar na zona próxima ás hortas”. As obras, que xa están rematadas, foron realizadas pola empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU cun orzamento de 145.200,00 € (base impoñible 120.000,00 € máis IVE do 21% 25.200,00 €).Enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago (EDUSI – REVIVE COMPOSTELA) e cofinanciada polos Fondos FEDER, esta actuación pretende mellorar a accesibilidade e a conectividade da zona con outros barrios da cidade través dun percorrido transversal interno, creando novos itinerarios que terán continuidade no Ensanche e noutras sendas como a de Sar.Outros asuntosO executivo municipal tamén deu luz verde á aprobación inicial das axudas solicitadas para levar a cabo actuación en dúas vivendas no Carme de Abaixo e outra edificación en Poza de Bar, correspondentes á convocatoria de subvencións á rehabilitación no marco do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 na ARRU do Casco Histórico FASE 16, por un importe total de 39.217,68 euros.

Leer más:   Volve o Festival Rosalía ás rúas compostelás para festexar o galego como "o noso superpoder"

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de diciembre de 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.