Inicio Últimas Noticias O Consorcio de Santiago aproba o orzamento para o ano 2024 cunha...

O Consorcio de Santiago aproba o orzamento para o ano 2024 cunha suba do 10%, o que permitirá facer obras de reforma interior do Palacio de Congresos

CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba o orzamento para o ano 2024 cunha suba do 10%, o que permitirá facer obras de reforma interior do Palacio de Congresos

15/12/2023 A reunión da Comisión Executiva e do Consello de Administración do ente interadministrativo deu o visto bo, ademais, á nova orde de subvencións para realizar proxectos de rehabilitación e plans de mantemento dos edificios monumentais.

O Consorcio de Santiago celebrou este venres a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración. Ambas xuntanzas celebráronse no Pazo de Vaamonde e estiveron presididas pola presidenta do Consorcio e alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín. En representación da Administración Xeral do Estado acudiu a subsecretaria do Ministerio de Facenda e Función Pública e vicepresidenta primeira do Consorcio, Pilar Paneque, e, por parte da Xunta de Galicia, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos. Tamén participou telematicamente Jesús Manuel Gómez, subsecretario do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.Na xuntanza aprobouse o presuposto para o vindeiro ano, que ascende a 10.213.878,50€. As achegas das tres administracións consorciadas son de 5.261.476€ por parte da Administración Xeral do Estado, 3.161.854,30€ da Xunta de Galicia e 1.542.346,59€ do Concello de Santiago. Todas comunicaron publicamente que as súas achegas ao Consorcio para o exercicio 2024 medrarán un 10%, o que se reflicte nestes orzamentos. Esta suba permitirá facer obras de reforma interior do Palacio de Congresos.Dentro dese investimento, ao Programa de Rehabilitación, Mantemento e Recuperación Urbanas destinaranse 1.773.779,20€; mentres que ao Programa de Dinamización Cultural e Turística, que inclúe a Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais, irán 6.193.626,07€ e ao Programa de Información, Estudo, Interpretación e Divulgación da cidade destinaranse 367.201,16€. Por último, no Programa de Administración, Dirección Xeral e Mantemento e Conservación do Patrimonio Propio investirase un total de 1.876.672,07€.Proxectos de rehabilitaciónAdemais, nesta reunión o Consorcio aprobou tamén a orde de subvencións en concorrencia competitiva que terán a finalidade de elaborar, por parte da Oficina Técnica do Consorcio, proxectos de rehabilitación e plans de mantemento dos edificios monumentais da cidade que gocen da maior catalogación.Con estas axudas, buscarase que os propietarios destes inmobles poidan participar con ditos proxectos en distintas convocatorias de axudas para obter financiamento para as intervencións ou ben acometelas con fondos propios.Tecido residencialNo que se refire ao tecido residencial, en 2024 o Consorcio continuará coa súa liña de axudas dentro do programa “Ter É Manter”, destinadas ao mantemento das envolventes exteriores e á rehabilitación das carpinterías de madeira e reixas dos edificios de titularidade privada. Prestarase especial atención ás actuacións dirixidas ao aforro enerxético. Para esta convocatoria destinaranse 800.000 €.Mantemento de lousadosNo marco do programa “A pedra que pisas”, o Consorcio de Santiago destinará o vindeiro 2024 un total de 194.851,15€ á conservación e mantemento dos pavimentos e lousados do recinto intramuros da cidade histórica.Información, Estudo e DivulgaciónO Programa de Información, Estudo, Interpretación e Divulgación da Cidade Histórica comprende a coedición de publicacións vencelladas á cidade -no 2024 está previsto que saian á luz un total de nove novas publicacións-, así como a organización de tres exposicións na Casa do Cabido, entre outras iniciativas.Continuarase ademais co escaneado das publicacións esgotadas para a súa posterior publicación na páxina web do Consorcio, o que permitirá a súa consulta tanto por parte de investigadores como de particulares.Dinamización Cultural e TurísticaO Programa de Dinamización Cultural e Turística inclúe a xestión do proxecto conxunto da Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais, que representan unha inversión total de 6.193.626,07€.Ademais, o Consorcio continuará colaborando con diferentes entidades da cidade, de cara a promover actividades culturais como o espectáculo dos fogos do Apóstolo, o festival Cineuropa, diversas iniciativas culturais do Auditorio de Galicia, Programa Conciencia da Universidade de Santiago, Música en Compostela ou a colaboración coa Fundación Granell.

Leer más:   Retransmisión da rolda do luns 27 de febreiro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaixaBank se suma como patrocinador oficial al Sail Team BCN en la Copa América 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 15 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.