Inicio Últimas Noticias O programa Teatro Foro volve a catro institutos de Santiago para abordar...

O programa Teatro Foro volve a catro institutos de Santiago para abordar a resolución de conflictos a través do teatro

XUVENTUDE
O programa Teatro Foro volve a catro institutos de Santiago para abordar a resolución de conflictos a través do teatro

01/12/2023 Un total de 170 alumnos e alumnas de catro institutos de Santiago participan nunha nova edición do programa Teatro Foro, organizado desde a concellaría de Xuventude. A primeira representación será o próximo 5 de decembro, no IES das Fontiñas.

Este programa nace das teorías do teatro do oprimido do dramaturgo brasileiro Augusto Boal, que bota man de estratexias teatrais para a abordaxe de temas sensibles en determinados colectivos ou para a resolución de conflitos. No caso dos institutos, a través do Teatro Foro trabállanse, de maneira participada e empoderando ao alumnado en todo o proceso, cuestións relacionadas co acoso escolar, a violencia de xénero, a diversidade sexual, a prevención de drogodependencias ou o ciberacoso.O proxecto divídese en tres fases. Na primeira establécese o contacto cos centros educativos, para seleccionar os grupos de alumnado que participarán nas sesións de Teatro Foro e a temática a abordar en función das necesidades e os intereses do centro, e defínese o proceso de traballo para cada caso. Nunha segunda fase, realízanse oito sesións co alumnado participante, nas que se traballa a creación e caracterización de personaxes e a definición de situacións concretas sobre a temática elixida. A metodoloxía consiste en xerar intencionadamente resolucións inadecuadas para os conflitos formulados, para que sexa o resto do alumnado que asiste como espectador ao teatro foro o que axude a definir de xeito colectivo unha forma de actuar axeitada e empática cos personaxes. A última fase do proxecto e a presentación da peza traballada no Teatro Foro, coa participación dunha persoa dinamizadora ou curinga, que facilita o proceso de participación e debate co conxunto do alumnado do instituto.O Teatro Foro estáse desenvolvendo nos IES de Fontiñas, con dous grupos; Rosalía de Castro, con 4 grupos; Sar, cun único grupo; e Pontepedriña, con dous grupos. No caso do IES as Fontiñas, un dos grupos chegou xa á terceira fase do proxecto e fará a súa representación o próximo martes, 5 de decembro. En total, no programa TEatro Foro están participando activamente nos talleres 170 alumnos e alumnas, e a previsión é chegar a máis de 500 como espectadores.

Leer más:   A AECC e o Concello de Santiago presentan a segunda edición da andaina solidaria contra o cancro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAcciones de Cesida para la Concienciación sobre el VIH
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.