Inicio Últimas Noticias O novo parque da praza de León abrirá ao público mañá, xoves...

O novo parque da praza de León abrirá ao público mañá, xoves 12 de outubro

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O novo parque da praza de León abrirá ao público mañá, xoves 12 de outubro

11/10/2023 As cativas e os cativos da Pontepedriña contarán dende mañá cun novo parque para o seu desfrute na recentemente remodelada praza de León. O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, asistiu esta mañá á sinatura da acta de recepción obra, trámite previo á apertura do novo equipamento.

O obra en conxunto consistiu no redeseño da praza de León, sita no grupo de vivendas Cardenal Quiroga, en Pontepedriña, priorizando o uso estancial e lúdico. O proxecto recolleu a integración dunha zona de xogo, o cambio da pavimentación, melloras na accesibilidade e un axardinamento da contorna seguindo os criterios de sustentabilidade e dando resposta a unha petición formulada pola asociación de veciños Sandra Prego.A nova zona de xogos ten un carácter singular dentro da praza, nunha área circular acoutada, cun pavimento interior de caucho de cores acordes aos novos xogos infantís. O resto do espazo queda libre para outras actividades.A obra total de remodelación da praza, encadrada na EDUSI de Santiago de Compostela e cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea (Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020), contou cun investimento de 187.550 euros.

Leer más:   O Estadio Vero Boquete acolle un partido a prol da doazón de órganos entre a SD Compostela e o Palencia Cristo Atlético

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCreciente interés en el ámbito de la salud entre estudiantes de FP
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 11 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.