Inicio Últimas Noticias Tussa reorganiza as liñas de autobús ao aeroporto e habilita un servizo...

Tussa reorganiza as liñas de autobús ao aeroporto e habilita un servizo directo desde a intermodal

MOBILIDADE
Tussa reorganiza as liñas de autobús ao aeroporto e habilita un servizo directo desde a intermodal

15/05/2024 O Concello reorganizará a partir do próximo 24 de maio o servizo de autobús ao aeroporto para atender o incremento de demanda derivado do inicio da tempada alta na terminal Rosalía de Castro sen prexudicar á veciñanza que é usuaria do transporte público. Para iso, desdobrarase a actual liña 6A, de maneira que terá servizos directo ao aeroporto desde a estación intermodal e sen paradas a través da autovía, e outros que manterán as actuais paradas do treito urbano. Ao tempo, manterase sen cambios a actual liña 6.

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, deu conta da reconfiguración do servizo nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo xerente de Tussa, José Ramón Mosquera. O edil explicou que “as liñas que chegan ao aeroporto volven estar moi tensionadas, con moitas expedicións nas que os autobuses completan a súa capacidade provocando prexuízos aos veciños e veciñas”. Segundo apuntou, “nas últimas semanas esta situación estase a producir nunha media de 6 servizos diarios, que soben ata 10 os sábados e ata 8 os domingos”. Xan Duro apuntou que “nalgúns casos os autobuses completan o número de prazas dispoñibles xa nas primeiras paradas, de maneira que algunhas usuarias que agardan nas súas paradas non teñen opción a utilizar o servizo cos conseguintes prexuízos para a súa vida cotiá e a perda de fiabilidade no servizo”. Esta situación, lembrou, “vense repetindo desde finais de 2020, cando o Concello tivo que asumir a liña unha vez que a Xunta deixou de prestar o servizo da conexión ao aeroporto, e estase vendo agravada nas últimas semanas polo incremento de actividade no aeroporto Rosalía de Castro”. Entre xaneiro e abril, o servizo de bus ao aeroporto foi utilizado por máis de 100.000 usuarios e usuarias, fronte aos 86.000 do mesmo período de 2023.Reestruturación do servizoCo obxectivo de mellorar a atención aos veciños e veciñas vaise desdobrar a liña 6A, de maneira que realice servizos directos entre a intermodal e o aeroporto Rosalía de Castro, cun percorrido sen paradas intermedias que fuxirá do centro urbano e que discorrerá unicamente por vías de alta capacidade. O obxectivo é “que os usuarios e usuarias da terminal de Lavacolla utilicen este servizo, descargando a presión sobre a liña que lle debe dar servizo á veciñanza”.Ao tempo, manteránse servizos que atravese o ámbito urbano, dándolle servizo aos núcleos rurais de San Marcos e Lavacolla e respectando as actuais paradas, isto é: estación intermodal (rúa do Hórreo), Hórreo, Virxe da Cerca, San Roque, Pastoriza, Avenida de Rodríguez de Viguri, San Lázaro, San Marcos e Lavacolla, para finalizar no aeroporto. Para optimizar o servizo e evitar sobrecargas, as paradas desde a intermodal ata San Marcos, en dirección Lavacolla, serán só para recoller usuarios e usuarias, mentres que no traxecto inverso, as paradas desde San Marcos ata o Hórreo serán exclusivamente para deixar viaxeiros e viaxeiras. Desta maneira, tal e como explicou o xerente de Tussa, “preténdese que as persoas que só queiran desprazarse pola trama urbana utilicen a liña 6 pero non a 6A, garantindo que estes autobuses cheguen con prazas dispoñibles a San Marcos e Lavacolla”. Cando se poña en marcha este sistema, o próximo día 24, deixarase un periodo de adaptación de 15 días, para informar á veciñanza do funcionamento.FrecuenciasA reorganización do servizo implicará modificacións nas frecuencias. De luns a venres, tanto os buses que realicen a liña de maneira directa como os que fagan paradas na trama urbana terán unha frecuencia de 40 minutos, se ben está previsto que saian de maneira alterna de maneira que a frecuencia da liña 6A será de 20 minutos. Nos sábados, domingos e festivos, o servizo directo entre a intermodal e Lavacolla terá unha frecuencia de 60 minutos; mentres que o servizo con paradas terá frecuencias de 20 e 40 minutos. Na práctica, iso supón que a frecuencia da liña 6A será de 20 minutos, fronte aos 30 minutos da actualidade. As tarifas mantéñense tal e como están establecidas para o conxunto da rede do transporte urbano.Xan Duro e José Ramón Mosquera explicaron que nas próximas semanas realizaráse “un traballo de comunicación para dar conta destas modificacións”. Así, distribuiranse folletos informativos, daráse conta da reestruturación nas paradas, e tamén se informará ao sector hostaleiro, para que poida informar adecuadamente á súa clientela.

Leer más:   Compostela celebra o Día Internacional das Mulleres coa lectura dun manifesto e co fallo do Premio Xohana Torres

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorModa nupcial y joyería de alta gama se adaptan a un público en busca de exclusividad
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 15 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.