Inicio Últimas Noticias O orzamento para as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares...

O orzamento para as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares sobe un 40% nunhas bases “menos restritivas para chegar a máis familias”

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O orzamento para as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares sobe un 40% nunhas bases “menos restritivas para chegar a máis familias”

13/05/2024 A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destinará 1.100.000 euros ás bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o próximo curso 2024-2025. É case un 40% máis que na pasada convocatoria, tal e como se recolle nas bases que hoxe aprobou a Xunta de Goberno, e que tamén introducen novidades en canto aos criterios de baremación e as contías das axudas. A concelleira María Rozas explicou que o obxectivo é “chegar a máis familias e facer unha aposta clara e real pola igualdade de oportunidades”.

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o curso 2024-2025, xunto cunhas novas bases que melloran significativamente as de anteriores convocatorias. A concelleira María Rozas explicou que a primeira novidade tén que ver co orzamento, “que medra sensiblemente ata chegar a 1.100.000 euros”. A responsable de Dereitos e Servizos Sociais lembrou que “nas dúas anteriores edicións, a contía destinada a estas axudas foi de 795.000 euros, e hai só dez anos, no curso 2014-2015, o Concello de Santiago dedicaba tan só 87.000 euros ás bolsas de comedor escolar”. María Rozas salientou que “Santiago sitúase como a cidade galega que destina máis fondos por habitante a estas axudas, con 11 euros por habitante nesta convocatoria, fronte aos 8 da Coruña ou os 4,6 euros por habitante de Vigo”.Novas contías e criterios de baremaciónA convocatoria establece tres modalidades de bolsas: as dirixidas a familias con escaseza de recursos económicos, que poden ser bolsas de comedor ou bolsas para a realización de actividades extraescolares; as bolsas para a adquisición de material escolar para o segundo ciclo de educación infantil, que non quedan limitadas ás familias con escaseza de recursos como acontecía en anteriores convocatorias; e as bolsas de comedor para facilitar a conciliación.No que tén que ver coas contías, a principal novidade prodúcese nas bolsas para a adquisición de material escolar, que serán dun máximo de 100 euros nun pago único, fronte aos 60 euros de anteriores convocatorias. Ademais, tal e como explicou María Rozas, “estas axudas poderán chegar a máis familias, ao non quedar vinculadas á situación de escaseza de recursos”. Ata agora, as bolsas para material estaban limitadas a familias que non superaran a renda per cápita do 100% do IPREM anual, fixado en 7.200 euros, mentres que nesta edición poderán solicitar as axudas as familias que non superen a renda familiar anual de 5 veces o IPREM (36.000 euros anuais). A concesión destas bolsas está limitada ao crédito máximo de 50.000 euros.Na modalidade de bolsas de comedor por motivos de escaseza de recursos, a contía establecida na convocatoria mantense en 90 euros mensuais, pero como novidade incorpórase a posibilidade de conceder axudas de ata 180 euros mensuais no caso dos centros escolares de educación especial. Ademais, no caso destes centros as axudas tamén se poderán solicitar para Secundaria.En canto ás bolsas para a realización de actividades extraescolares, abonaranse ata 15 euros mensuais no caso de actividades de 1 hora un un día á semana, e ata 30 euros mensuais para o caso de actividades dende 2 horas ou 2 días á semana. Nestes dous casos, establécense novos criterios de baremación, para facilitar o acceso ás axudas de máis familias.Por último, nas bolsas de comedor para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, o importe establecido mantense en 45 euros mensuais. O umbral para acceder a estas axudas queda fixado en 5 veces o IPREM (36.000 euros anuais) , mentres que que na anterior convocatoria era de 3,5 veces o IPREM (25.200 euros anuais).Prazo de solicitude e xornada informativaO prazo para solicitar as bolsas será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Desde o departamento de Servizos Sociais darase conta da publicación directamente aos centros educativos e tamén a través da páxina web municipal. As solicitudes poderanse facer de xeito telemático a través do Rexistro Electrónico Común ou na sede electrónica do Concello de Santiago, e de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello ou en calquera outro habilitado.Para facilitar a xestión das solicitudes e solucionar as dúbidas, celebrarase unha xornada informativa o 21 de maio, a partir das 10.00 horas, na Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños. Ademais, os diferentes puntos de atención de Servizos Sociais atenderán a todas as persoas interesadas, de luns a venres, en horario de 9.30 a 11.00 horas.

Leer más:   As Escolas Infantís Municipais acollen o XII ciclo de sesións didácticas "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl Real Madrid pierde nuevamente frente a LaLiga en los tribunales
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.