Inicio Últimas Noticias A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un...

A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un acordo para traballar por un cambio de usos nos terreos de Peleteiro e favorecer o uso residencial

ALCALDÍA
A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un acordo para traballar por un cambio de usos nos terreos de Peleteiro e favorecer o uso residencial

10/05/2024 A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, mantivo un encontro co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e coa secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe, no que acordaron traballar nunha nova proposta para os terreos de Peleteiro. Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual ordenación urbanística deste ámbito priorizando o uso residencial, promovendo a vivenda e dedicando unha parte importante a vivenda protexida.

Finalizada a reunión, Goretti Sanmartín valorou o resultado como “moi satisfactorio tendo en conta o punto no que se atopa actualmente esta actuación”. Segundo explicou Carlos Cuerpo, o Goberno de España está a apostar por impulsar a construción de vivenda, en especial de vivenda protexida, e a proposta do goberno municipal de Santiago de Compostela encaixa nesta liña de traballo.As grandes liñas da nova proposta pasarían por reducir o uso comercial e demais usos terciarios e incrementar o uso residencial, incluíndo vivenda protexida. En canto ao uso comercial, axustaríase ao modelo tradicional de comercio en planta baixa para coidar o pequeno comercio existente na zona mantendo a edificabilidade prevista no plan actualmente vixente.A partir de agora traballarase tecnicamente para materializar unha nova ordenación que responda ás necesidades actuais do Ensanche compostelán e da cidade no seu conxunto.

Leer más:   Santiago celebra o Día Internacional da Muller coa lectura dun manifesto e co fallo do Premio Xohana Torres

- Te recomendamos -
Artículo anteriorGallo se lleva el reconocimiento al mejor lanzamiento por su pasta infantil en los Premios AECOC Shopper Marketing
Artículo siguienteHallan el cadáver de una mujer junto a un riachuelo en Carral, A Coruña
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.