Inicio Últimas Noticias A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do campamento de verán...

A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do campamento de verán de surf en Oleiros

XUVENTUDE
A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do campamento de verán de surf en Oleiros

07/05/2024 Os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos volverán ter a oportunidade de participar nun campamento de verán de surf no concello de Oleiros, grazas ao programa organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A actividade desenvolverase do 1 ao 8 de xullo, e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 20 de maio ao 3 de xuño, tal e como onte aprobou a Xunta de Goberno.

O campamento de verán de surf é unha actividade organizada desde o departamento de Mocidade co obxectivo de facilitar a conciliación familiar nas vacacións de verán, cunha oferta de ocio alternativo e saúdable que, ao tempo, favorece o coñecemento do patrimonio natural de Galicia e fomenta a convivencia entre os mozos e mozas. O programa terá lugar do 1 ao 8 de xullo no albergue de Santa Cruz de Oleiros, e ademais de surf, están previstas outras actividades deportivas como sendeirismo ou snorquel.Prazos de inscrición e requisitosO campamento de verán de surf está dirixido a mozos e mozas empadroadas no Concello de Santiago, con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos prioritariamente, xa que no caso de quedar prazas vacantes atenderíanse outras solicitudes. Ofértanse 26 prazas, tres delas reservadas para persoas derivadas desde o departamento de Servizos Sociais. No caso de existir máis demanda que prazas, farase un sorteo público, e no caso de solicitudes de varios irmáns, se un deles obtén a praza adxudicaráselle directamente aos outros para garantir a conciliación familiar (agás se trate da útima praza a adxudicar no sorteo).O prazo de preinscrición estará aberto desde o 20 de maio ata o 3 de xuño. O prezo da actividade será de 120 euros. A cota quedará en 100 euros no caso de segundos irmáns e de familias numerosas; e aplicarase un desconto do 100% para as participantes que proveñan de familias en risco de exclusión social, previo informe do departamento de Servizos Sociais. Os pagos deberán realizarse antes do 20 de xuño.

Leer más:   O Goberno impón unha sanción de 20.000 euros á empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar por incumprimentos graves

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLaliga impulsa la captación de inversores extranjeros en España
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 7 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.