Inicio Últimas Noticias ‘Adictos’, con Lola Herrera, enche o patio de butacas do Auditorio de...

‘Adictos’, con Lola Herrera, enche o patio de butacas do Auditorio de Galicia

CAPITAL CULTURAL
‘Adictos’, con Lola Herrera, enche o patio de butacas do Auditorio de Galicia

07/05/2024 Pentación Espectáculos produce esta montaxe arredor da dependencia tecnolóxica con texto de Daniel Dicenta e Juanma Gómez, dirixida por Magüi Mira e cun elenco que completan Ana Labordeta e Lola Baldrich. A función, para a que xa se esgotaron todas as localidades dispoñibles, terá lugar este xoves día 9 de maio, ás 20.30 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

Até que punto estamos sometidas á tecnoloxía?” é a interrogante de partida de ‘Adictos’, unha peza teatral de Pentación Espectáculos que chega este xoves, día 9 de maio, ás 20.30 horas ao Auditorio de Galicia ao abeiro da programación escénica de Compostela Cultura.Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich prestan corpo e voz a un texto no que Daniel Dicenta e Juanma Gómez reivindican a capacidade de reacción do ser humano ante a tiranía e a perversión tecnolóxicas, a rebeldía necesaria para poder gozar sen ataduras dos dispositivos e intelixencias ao dispor da sociedade. A dicir dos autores: “A realidade de ‘Adictos’ é a da expansión progresiva da desinformación. Unha ficción cuxos personaxes manifestan inquedanzas que nos incumben a todos, cuestionando paradigmas que, até o de agora, asumimos como válidos e certos pero que poida que escondan mentiras que estean distorsionando as nosas vidas”.Magüi Mira asume a dirección desta montaxe producida por Jesús Cimarro, con escenografía de Curt Allen Wilmer e Leticia Gañán, iluminación de José Manuel Guerra, vestiario de Pablo Menor e deseño de son e axudantía da dirección de Jorge Muñoz. O pase, que forma tamén parte do programa das Festas da Ascensión, esgotou xa todas as localidades dispoñibles.

Leer más:   Retransmisión do pleno ordinario do 24 de abril

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLaliga impulsa la captación de inversores extranjeros en España
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 7 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.