Inicio Últimas Noticias Aberto ata o 14 de maio o prazo de inscrición no Programa...

Aberto ata o 14 de maio o prazo de inscrición no Programa municipal de conciliación de verán 2024

XUNTA DE GOBERNO
Aberto ata o 14 de maio o prazo de inscrición no Programa municipal de conciliación de verán 2024

06/05/2024 A Xunta de Goberno Local aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do “Programa municipal de conciliación de verán 2024”, destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambos incluídos. A concelleira de Educación, Míriam Louzao, deu conta dos detalles en rolda de prensa.

O prazo de inscrición establécese entre hoxe, 6 de maio, data e aprobación en Xunta de Goberno, e o martes 14 de maio, ambos incluídos. As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado, ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.Se a solicitude se presenta a través da sede electrónica do Concello de Santiago () escollerase o trámite “Inscrición nos programas de conciliación do Departamento de Educación” dentro do catálogo de trámites dispoñibles.Datas do programaO programa de conciliación realizarase no período de vacacións de verán 2024: mes de xuño (días 24, 25, 26, 27, 28), mes de xullo (agás sábados, domingos e festivos), mes de agosto (agás sábados, domingos e festivos) e setembro (días 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10). O número de prazas varía en funcións das quendas e das solicitudes finais, pero estímanse do seguinte xeito: en actividades para xuño e setembro haberá 135 prazas, 210 para xullo e 90 agosto; para o almorzo serán 45 en xuño e setembro, 90 en xullo e 30 en agosto; e para o xantar 90 para xuño e setembro, 150 para xullo e 60 para agosto.Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións dos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes, destinadas á poboación empadroada ou escolarizada en educación infantil e primaria do municipio de Santiago. O programa inclúe a realización de actividades e obradoiros, ademais de poñer a disposición dos nenos e nenas participantes un servizo de madrugadores con almorzo (de 7,45 a 9,00 horas) e de comedor (de 14,00 a 16,00 horas). O horario de prestación directa do servizo será de 7,45 h. ata as 16,00 h.Como salientou a concelleira de Educación, Míriam Louzao, con este programa búscase “favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persoal e dar resposta á necesidade que teñen os e as menores de ocupar o seu tempo de ocio e tempo de lecer no verán de xeito dinámico e divertido e desde unha perspectiva educativa e integradora”.Campamento de verán de surfNesta mesma sesión da Xunta de Goberno aprobouse a realización do campamento de verán de surf en Oleiros, no albergue de Santa Cruz, entre o o 1 e o 8 de xullo de 2024. O calendario de preinscrición para participar nas actividades establécese no período comprendido entre o 20 de maio, ás 08:00 h, e o 3 de xuño ás 14:00 h e conta con 26 prazas.

Leer más:   O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado a segunda xornada da Liga Galega de Karate coa participación de máis de 600 nenos e nenas

Documentos relacionados

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de mayo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 6 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.