Inicio Últimas Noticias A alcaldesa traslada, na reunión co Foro Cívico, acordos do Concello con...

A alcaldesa traslada, na reunión co Foro Cívico, acordos do Concello con outras administracións que favorecerán o desenvolvemento da cidade

ALCALDÍA
A alcaldesa traslada, na reunión co Foro Cívico, acordos do Concello con outras administracións que favorecerán o desenvolvemento da cidade

06/05/2024 A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa María Rozas e do concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás, mantiveron unha xuntanza co Foro Cívico para analizar temas cruciais para a cidade. En declaracións aos medios ao remate do encontro, que cualificou de “satisfactorio” afirmou concordar “coa liña e coa defensa que fai o Foro Cívico deles para o desenvolvemento da cidade”.

A rexedora informou sobre a reunión mantida na Xunta para conseguir unha solución de mobilidade e de aparcadoiro na contorna do CHUS. A Xunta enviará unha proposta de protocolo marco e, a partir de aí, redactaranse os convenios para o aparcadoiro e os accesos, que se encargará a administración autonómica da súa licitación e contratación.Trataron tamén a creación da empresa municipal de vivenda, coa posibilidade de que se dedique á recuperación e á rehabilitación de inmobles como prioridade, ademais da necesidade de que a Xunta poida facer investimentos propios en Santiago de Compostela en materia de vivenda. Nese sentido, sinalou o ofrecemento por parte do Concello de Santiago de ceder algunha parcela para desenvolver vivenda de protección por parte da Xunta.Entre as iniciativas que están en marcha, destacou a estación depuradora de augas residuais, cunha obra que comezou no mes de febreiro, “para que a mediados de 2026 sexa unha realidade para acabar coa contaminación aos ríos”. Sobre a estación intermodal, indicaron a previsión de que o próximo ano se poida licitar o aparcadoiro cun proxecto xa comprometido con ADIF e co Ministerio de Transportes, para o que haberá fondos en 2025 nos Orzamentos Xerais do Estado. O Orbital, que estaba licitado por 33 meses, estímase que á volta do verán poida estar concluído.Outro dos temas analizados foi a política aeroportuaria e a necesidade de modificar o modelo de turismo, “cunha aposta pola calidade e por rutas internacionais”, de cara á desestacionalización e á distribución dos fluxos de visitantes.Indicou tamén que na reunión sobre a parcela do antigo Peleteiro, prevista para o venres 10 de maio cos ministerios de Vivenda e Economía, trasladarase a necesidade de buscar o consenso coa propiedade a través dun cambio de planeamento urbanístico.No encontro tamén analizaron necesidades xerais onde teñen que intervir outras administracións e organismos, tanto Universidade de Santiago para o fomento de residencias universitarias e de avances relacionados co campus sur, actividades culturais e mobilidade; como o traslado á Xunta da petición do Foro Cívico sobre o abaratamento de solo industrial, que dependen de Xestur; así como a creación de residencias de terceira idade e centros de día.Pola súa parte, o portavoz do Foro Cívico, Carlos García Cumplido, sinalou que “nos temas importantes para a cidade ponse de manifesto que cando hai unha colaboración e un apoio unánime dos grupos políticos e se chega a acordos, a cidade medra, como no caso recente do CHUS e da EDAR”. “Esta é unha mostra do que o Foro Cívico pretende, do que significa traballar todas as administracións polas grandes infraestruturas da cidade”, indicou.

Leer más:   O Pleno aproba a creación do Consello de Medio Rural e o seu regulamento

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de mayo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 6 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.