Inicio Últimas Noticias Preséntanse as conclusións da campaña do #8M ‘Construamos o termo feminista de...

Preséntanse as conclusións da campaña do #8M ‘Construamos o termo feminista de Compostela’

IGUALDADE
Preséntanse as conclusións da campaña do #8M ‘Construamos o termo feminista de Compostela’

02/05/2024 As participantes no proxecto Termo Feminista de Compostela compartiron as reflexións e propostas que naceron da man do tecido asociativo durante cinco sesións de traballo ao redor do 8M, nun encontro na Casa Xohana Torres en que partiparon a alcaldesa Goretti Sanmartín, a tenente de alcaldesa María Rozas, e as representantes dos grupos municipais Mercedes Rosón (PSdG), María Baleato (PP) e Olaya Otero (PP).

Ademais, este sábado 4 de maio haberá un acto aberto e participativo co nome de “Celebremos o termo feminista de Compostela” ás 17.30h na sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. Contará coas poetas Aranxa Vicens, Marga Tojo e Yamini T. Prabhu, xunto coa música Paula Ferraz, e calquera persoa terá a posibilidade de ler un texto ou dicir unhas palabras que poidan axudar a facer medrar o Termo Feminista.Termo Feminista é unha proposta de creación artística comunitaria desenvolvida polo Concello de Santiago coa que se busca aproveitar a forza do 8M para reactivar, poñer en valor e visualizar as iniciativas da veciñanza que axudan a construír unha Compostela máis igualitaria.Nas sesións de traballo destacouse a necesidade de manter espazos de encontro, diálogo e escoita activa, como os do Termo Feminista, para seguir a compartir inquedanzas das mulleres de Compostela en canto aos servizos públicos, investigación histórica, visibilización feminista, espazos e horarios que favorezan a conciliación e o comercio de proximidade, entre outros.

Leer más:   O Concello entregará mañá as súas distincións máis elevadas a sete figuras clave na historia da Compostela

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de mayo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 2 de mayo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.