Inicio Últimas Noticias Luz verde ao expediente de contratación da xestión do servizo do Programa...

Luz verde ao expediente de contratación da xestión do servizo do Programa de Conciliación de Verán

XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao expediente de contratación da xestión do servizo do Programa de Conciliación de Verán

29/04/2024 A Xunta de Goberno deu luz verde ao expediente de contratación da xestión do servizo do Programación de Conciliación de Verán cun orzamento base de licitación de 120.848,75 euros. O executivo local tamén aprobou hoxe o prezo público para a Festa dos Maiores: 10 euros por persoa usuaria, e a adxudicación da organización deste evento á empresa CASA TABOADA SC por un importe total de 90.420 euros para os anos 2024 e 2025.

A Xunta de Goberno acordou a aprobación do expediente de contratación do Servizo de xestión e desenvolvemento do programa municipal de conciliación de verán do Departamento de Educación, cun orzamento base de licitación de 120.848,75 € (base impoñible de 99.875,00 € máis IVE do 21% de 20.973,75 €).O Programa municipal de conciliación do Departamento de Educación do Concello de Santiagocomprende un conxunto de actividades de contido educativo, que se desenvolverán nas instalacións de dous centros educativos de educación infantil e primaria e están destinadas a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e 3º Ciclo de Educación Primaria (ambos os dous incluídos) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Este programa concíbese como un espazo educativo de promoción do ocio e do tempo de lecer, ademais dun apoio e recurso para as familias no tempo de vacacións.Neste caso, o obxecto do contrato é a cobertura Programa Municipal de Conciliación para este verán que estará dividido en seis quendas. A primeira, de cinco días, do 24 ao 28 de xuño, inclusive. A segunda, de 10 días, do 1 ao 12 de xulllo. A tercera, de 12 días, do 15 ao 31 de xullo. A cuarta, tamén de dez días, do 1 ao 14 de agosto. A quinta, do 19 de agosto ao 30 de agosto. E a sexta e última, desenvolverase do 2 ao 10 de setembro inclusive.Festa dos MaioresO Concello de Santiago promove dende hai anos a celebración da Festa dos Maiores nas instalacións Municipais do Recinto Feiral de Amio. O executivo local deu luz verde á adxudicación da licitación bianual para a súa organización á empresa CASA TABOADA SC por un importe total de 90.420 euros, polo que contará cun orzamento de 45.210 euros para este ano e a mesma cantidade para 2025. A empresa adxudicataria propuxo un prezo unitario por comensal de 27,40 euros sen IVE que o Concello ofrece cun prezo final de 10 euros por persoa participante.Este ano, a Festa dos Maiores celebrarase o sábado 11 de maio, coincidindo coas festas da Ascensión, e como é habitual, e incluirá o xantar seguido de actuación de orquestra e baile. O obxectivo deste evento é fomentar a participación e interacción das persoas maiores de distintas parroquias e lugares do termo municipal, celebrando un día especial nun espazo de encontro no que se sintan protagonistas. A previsión de afluencia é dunhas 1.500 persoas.ConveniosTamén se acordou aprobar o convenio de colaboración para o ano 2024 entre o Concello de Santiago de Compostela e a entidade: Asociación “Fonte da Virxe” de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais pola contía de 5.000 euros.

Leer más:   A biblioteca José Saramago dos Centros Socioculturais súmase á celebración do Día da Poesía

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 28 de abril de 2024
Artículo siguienteSantiago de Compostela: Qué tiempo va a hacer en el puente de mayo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.