Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios e concede a licenza de obras do antigo Hospital de Galeras

XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios e concede a licenza de obras do antigo Hospital de Galeras

29/04/2024 A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de 379.438,39 euros e un prazo de execución previsto é de dous meses. O executivo tamén acordou á adxudicación do contrato da dirección facultativa das obras do Proxecto para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite” por un importe de 43.318 euros e para as obras da senda peonil Rúa das Estrelas por 123.820 euros, así como a concesión da licenza para as obras de rehabilitación e acondicionamento que converterán o antigo hospital de Galeras nunha residencia para estudantes.

O proxecto aprobado esta mañá polo executivo municipal busca solucionar tanto as filtracións que se producen no interior do pavillón deportivo como acondicionar o patio do colexio de Quiroga Palacios.Para solucionar os problemas no interior do pavillón levarase a cabo a reparación dunha superficie de 1.385 m² de cuberta que permitirá susbsituír a impermeabilización actual por unha nova. Tamén se traballará no acondicionamento do patio de recreo do CEIP, coa renovación do pavimento, a construción dun novo peitoril de peche do patio no que se colocarán redes e postes novos, así como coa mellora do acceso coa substitución da actual escaleira por unha nova rampla e escaleira, cunhas dimensións e pendentes que garantirán a accesibilidade á pista deportiva de calquera persoa, axustándose á normativa vixente en todos os seus aspectos.A proposta do proxecto inclúe a execución de varios traballos, entre outros, a demolición de elementos existentes, a preparación do soporte e nivelación do forxado da cuberta, a colocación das capas para a impermeabilización da cuberta, a construción de una nova rampla e escaleira accesibles, o arranxo das fachadas, a instalación de baixantes, canalóns, arquetas e colectores de augas pluviais ou a renovación do pavimento.Para a execución destas obras prevese o lanzamento dun proceso de licitación cun orzamento base 379.438,39 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.Pavillón de ViteO executivo municipal tamén deu luz verde á adxudicación do contrato para a dirección facultativa das obras do rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite á empresa ARQUITAV ARQUITECTOS SL por un importe de 43.318,00 € (base impoñible de 35.800,00 € máis IVE do 21% de 7.518,00 €).As obras de rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite, confinanciadas con fondos Next Generation EU, contan cun orzamento global de máis de 1,2 millóns de euros e permitirán mellorar a eficiencia enerxética, a sustentabilidade, a accesibilidade e a seguridade do complexo. O xontrato para a execución das obras foi adxudicado o pasado mes de decembro á empresa PRACE, SERVICIOS Y OBRAS S.A. por un total de 1.209.712,72 euros, importe cofinanciado nun 80% polos fondos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios (PIREP), e nun 20% polo Concello de Santiago.Outras adxudicaciónsO executivo municipal tamén acordou esta mañá a adxudicación á empresa OBRAS Y VIALES DE GALICIA SL do contrato para as obras de execución do proxecto de senda peonil da rúa das Estrelas, por un importe final de 123.820,00 € (base impoñible de 102.330,58 € máis IVE do 21% de 21.489,42 €). Esta intervención, desenvolvida ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ 2022 da Deputación da Coruña, ten como obxectivo a mellora da mobilidade peonil na rúa das Estrelas, sita na parroquia de Aríns e contará cun prazo de execución de seis meses.A rúa das Estrelas localízase na extremo oriental do núcleo de Santiago de Compostela e configúrase como un dos principais accesos ó Monte do Gozo, importante punto de atracción para os veciños, turistas e peregrinos. Na actualidade só o treito norte conta con beirarrúas, mentres que no ámbito de actuación os peóns empregan unha zona explanada contigua á estrada que non se atopa pavimentada.Con esta actuación executarase unha senda peonil mediante 15 centímetros de zahorra estabilizada no ancho da explanación existente, cun bordo de formigón no exterior da senda, previa escavación en caixa. No treito comprendido entre o paso superior e a glorieta a senda terá un ancho de 2 metros e tamén se contempla a limpeza da cuneta revestida existente. A partir da rotonda e pola marxe esquerda ata enlazar coa beirarrúa existente executarase unha senda peonil de 2,80 metros de ancho. Este treito non conta con cuneta revestida, polo que, se disporá un novo bordo de formigón prefabricado no contacto coa calzada.Tamén se aprobou a adxudicación do contrato que ten por obxecto o servizo de backup e ciber-resilencia do concello de Santiago de Compostela na modalidade IAS (infraestructure as a service – infraestructura como servizo) á empresa TÉCNICOS ASOCIADOS INFORMÁTICA SAU, por un importe total de 175.801,80 euros (Base impoñible: 145.290,74 euros, IVE do 21%: 30.511,06 euros) que estará desglosada nas seguintes anualidades: 80.575,83 (2024), 87.900,90 € (2025), 7.325,07 € (2026).LicenzasA Xunta de Goberno local aprobou a concesión da licenza á empresa que levará a cabo as obras de rehabilitación do antiguo hospital de Galeras para a súa utilización como residencia de estudantes e hotel, un proxecto que conta cun orzamento de execución material de 9.164.540,00 euros. As actuacións permitirán a rehabilitación e acondicionamento deste edificio de nove plantas e unha superficie construída total de 12.743,20 metros, que contará con 215 habitacións para residencia de estudantes e 185 habitacións compara hopedaxe. A edificación está situada en solo clasificado como urbano no PXOM vixente e cualificado coa ordenanza especial 5 de Galeras.Tamén se deu luz verde á licenza para a realización das obras de rehabilitación dun edificio na praza de San Martiño para o seu uso como residencia universitaria, cun proxecto cuxo orzamento de execución material será de 180.112,77 euros. As actuacións consistirán no acondicionamento dunha edificación de catro plantas e entrechán cunha superficie construída de 430,80 m2, ocupación en planta de 85,67 m2 e altura de 14,42 metros para uso de residencia universitario. A edificación está situada en solo clasificado como urbano no PXOM vixente e cualificado coa ordenanza do recinto intramuros do Plan Especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica.

Leer más:   ¿Sabes cuales serán los nuevos horarios de las farmacias gallegas?

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 28 de abril de 2024
Artículo siguienteSantiago de Compostela: Qué tiempo va a hacer en el puente de mayo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.