Inicio Últimas Noticias O Concello impón unha sanción por incumprimentos do contrato á empresa que...

O Concello impón unha sanción por incumprimentos do contrato á empresa que presta o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria

ALCALDÍA
O Concello impón unha sanción por incumprimentos do contrato á empresa que presta o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria

26/04/2024 A alcaldesa deu conta en rolda de prensa da resolución do procedemento de sanción á empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Santiago debido a unha serie de incumprimentos no contrato. Na rolda de prensa, Goretti Sanmartín tamén anunciou a data da xuntanza cos representantes da Xunta sobre o novo aparcadoiro do complexo hospitalario para o vindeiro xoves 2 de maio ás 16:30 horas.

A alcaldesa detallou que o pasado 24 de febreiro o Concello abriu o expediente para a imposición de penalizacións á empresa que presta o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, por diversos incumprimentos das condicións recollidas no contrato asinado entre ambas partes o 21 de febreiro de 2022 e que entrou en vigor o 23 de maio do mesmo ano.Entre os incumprimentos detectados nun informe previo á apertura do expediente, Goretti Sanmartín destacou unhas serie de infracións no relativo a persoal, “como a presenza dun único administrativo, en lugar de dous; ou dun único técnico de produción ata o mes de xullo de 2023, en lugar de dous” e un “déficit de persoal equivalente a 500 xornadas de peóns no servizo dedicado ao varrido manual de xaneiro a decembro de 2023”.Ademais tamén se identificaron incumprimentos relativos á “obriga de reservar, como mínimo, o 50% das novas contratacións a mulleres” xa que na instrución se constatou que “de 30 persoas só 8 eran mulleres” ou a “falta de medios e maquinaria” concreatado no atraso na posta a disposición ou na carencia dalgúns dos vehículos do servizo.Segundo explicou a alcaldesa tamén se rexistraron “eivas na infraestrutura informática e tecnolóxica” así como “deficiencias na prestación do servizo específico de recollida de voluminosos”. Ademais a empresa tampouco chegou a completar a substitución/reposición das 25 illas soterradas/ano comprometidas para o 22 de maio de 2023, provocando un “considerábel atraso acumulado no plan de traballo comprometido, xa que o 31 de decembro pasado unicamente se actuara sobre 23 delas”.Por todo isto, o expediente conclúe que a empresa é a responsable destas infraccións polo que o Concello imporá penalizacións que suman unha sanción total de 14.020 euros. A maiores, a rexedora detallou que “na facturación mensual estivéronselle a aplicando descontos directos por falta de medios humanos e materiais con respecto ás prestacións contratadas”. En concreto “no ano 2023 deducíronselle 199.420 euros (sen IVE), que representan o 2,40% sobre o prezo de adxudicación, e no 2024 xa van 75.779 euros (0,91%).Reunión CHUSDurante a rolda de prensa, Goretti Sanmartín tamén anunciou a data da reunión do Concello coas consellarías de Infraestruturas e Sanidade para tratar a construción do novo aparcadoiro do complexo hospitalario e outras cuestións relacionadas coa contorna e os accesos. Unha xuntanza que terá lugar o vindeiro xoves 2 de maio ás 16:30h nas dependencias da Xunta e da que a alcaldesa agarda “que poida saír un acordo a este respecto”.A rexedora tamén valorou positivamente a entrada en funcionamento do novo aparcadoiro que acondicionou o Departamento de Obras e Proxectos, con 3.000 m2 e 151 prazas de estacionamento para dar servizo a persoas usuarias do CHUS mentres duren as obras de ampliación destas instalacións e agradeceu “o uso responsábel que se está a facer para que sexan destinadas a esa necesidade”.

Leer más:   O Concello e Agadea colaboran en cadanseu programa para activar mente e corpo das persoas maiores

- Te recomendamos -
Artículo anteriorDescubre Madrid futbolero en el puente de mayo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.