Inicio Últimas Noticias O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela coa lingua galega

LINGUA
O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela coa lingua galega

25/04/2024 ‘Compostela e as orixes da lingua’ ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega a través dun percorrido de dúas horas por diferentes puntos da cidade. O primeiro paseo terá lugar o vindeiro 4 de maio e contará coa participación da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

O paseo ‘Compostela e as orixes da lingua’ guiará as persoas participantes a través dun percorrido por doce puntos da cidade no que poderán descubrir como naceu o galego e aspectos relevantes en canto ao léxico, á pronuncia, ao status social…O paseo, que arranca na praza da Pescadería Vella e remata na de San Fiz de Solovio, apóiase en diferentes recursos para facilitar a contextualización e a audición das explicacións.O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Lingua Galega, pretende con esta acción divulgar a orixe e a diversidade do desenvolvemento do idioma, fomentar a reflexión sobre o potencial do galego na sociedade actual e dar algunhas pistas sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa relación coa lingua galega.O primeiro paseo, no que participará tamén a alcaldesa Goretti Sanmartín, arrancará o vindeiro sábado 4 de maio ás 11:00 h desde a praza da Pescadería Vella. Todas as persoas interesadas poden inscribirse previamente a través do seguinte formulario que permanecerá aberto ata completar as 30 prazas (recibirase un correo de confirmación nos seguintes días).Os paseos posteriores desenvolveranse entre o 15 de setembro e o 31 de outubro e estarán dirixidos a grupos de alumnado desde 4º de ESO ata 2º de BAC ou a grupos organizados de entre 15 e 30 persoas do público xeral.Para a facer a inscrición é preciso mandar un correo a dlg@santiagodecompostela.gal indicando os seguintes datos: centro ou colectivo, curso (se é o caso), número de persoas, datos da persoa responsable (nome, teléfono, correo electrónico) e día e hora de preferencia.

Leer más:   A rede de Centros Socioculturais acolle o ciclo de teatro amador FegaTeatro con pezas para todos os públicos

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEn Madrid, el asfalto de este año llevará aroma de mango
Artículo siguienteControlado el devastador incendio en Rois tras arrasar vastas hectáreas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.