Inicio Últimas Noticias Contraproducións leva ao Teatro Principal o humor corrosivo de Martin McDonagh en...

Contraproducións leva ao Teatro Principal o humor corrosivo de Martin McDonagh en ‘Entrega en Man’

CAPITAL CULTURAL
Contraproducións leva ao Teatro Principal o humor corrosivo de Martin McDonagh en ‘Entrega en Man’

25/04/2024 Cándido Pazó adapta e dirixe o texto orixinal do dramaturgo e cineasta irlandés nunha montaxe coas interpretacións de Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diogo Sales. As entradas para o espectáculo están dispoñibles na páxina web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C.

O Teatro Principal acolle esta semana dous pases da obra ‘Entrega en man’, da compañía teatral Contraproducións. O venres 26 e o sábado 27 de abril, ás 20.30 horas, o público compostelán poderá gozar da adaptación que o director e dramaturgo Cándido Pazo constrúe a partir de ‘A Behanding in Spokane’, do escritor e cineasta irlandés Martin McDonagh. O autor de filmes multipremiados como ‘Tres anuncios nas aforas’ e ‘Almas en pena de Innishering’ reviste de humor negro e acedo a crítica á xenofobia, ao machismo e ao racismo nun texto de diálogos vivos e rápidos en boca de personaxes tráxicos e cómicos ao mesmo tempo. A versión de Pazó mantén a pegada cinematográfica e mesmo tarantiniana desta comedia denegrida que outorga grande peso ás personaxes interpretadas por Evaristo Calvo, Diogo Sales, María Roja e Santi Romay.A trama sitúanos nunha cotrosa habitación de hotel dunha pequena e anónima vila estadounidense. Nela, Carmichael (Evaristo Calvo) un supremacista branco estrafalario e agresivo, ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron 27 anos atrás e que, dende aquela, leva buscando sen descanso. Un rapaz negro, Toby (Diogo Sales) e a súa moza branca Marilyn (María Roja) pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, pola cor, se ve ás claras que non é a del. A insólita transacción vese en risco pola intromisión de Mervyn (Santi Romay) o estraño recepcionista do hotel.A peza foi estreada no mes de xuño na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e continúa a xirar por Galicia ao abeiro do circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios. As entradas para os dous pases en Compostela poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (aberta de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas) e no do Teatro Principal (xa no día de cada espectáculo dende as 19.30 horas). Ao remate da obra o venres 26, haberá unha #posfunción para que o público poida coñecer os detalles desta montaxe teatral da man de Pazó e do elenco da peza.

Leer más:   Semana Santa: ¿Cobraré mi pensión en Santiago de Compostela? Consulta nuestro calendario para descubrirlo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEn Madrid, el asfalto de este año llevará aroma de mango
Artículo siguienteControlado el devastador incendio en Rois tras arrasar vastas hectáreas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.