Inicio Últimas Noticias O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade...

O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade e unha Declaración para impulsar o uso do galego

PLENO
O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade e unha Declaración para impulsar o uso do galego

24/04/2024 O Pleno Municipal acordou esta mañá de xeito unánime a aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Concello de Santiago que permitirá dotar de autonomía propia a este órgano, integrado ata o de agora a través dunha comisión sectorial no Consello de Familia, Benestar Social e Igualdade. A totalidade da Corporación municipal tamén apoiou dúas declaracións institucionais con motivo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional do Lupus.

O novo Regulamento aprobado inicialmente polo conxunto da Corporación na sesión ordinaria desta mañá determina a organización e o funcionamento do Consello Municipal de Igualdade co obxectivo de convertelo nun órgano independente funcional e normativamente.Este Consello ten por obxecto promover, no ámbito local, a igualdade na diversidade e a eliminación de toda forma de discriminación e desigualdade que incide sobre as mulleres e sobre as persoas en xeral por motivo das diversidades existentes –funcional, procedencia ou orixe étnico, racial, cultural, e diversidade afectivo-sexual-.Así, prevese que o Consello emita informes e ditames sobre temas relacionados coas políticas sectoriais dirixidas ao conxunto da cidadanía; impulse iniciativas para a aprobación de disposicións municipais referentes ao ámbito de competencia do Consello; asesore ao Concello e promova o debate e o coñecemento da execución das políticas, plans e programas municipais no que se concretan as políticas en materia de igualdade e diversidade afectivo-sexual; elabore propostas, emendas, e suxerencias; colabore na posta en marcha de actuacións sobre as principais preocupacións e temáticas de interese; potencie a participación diversa e plural da cidadanía, etc.Declaracións institucionaisO Pleno municipal acordou esta mañá de xeito unánime aprobar unha declaración institucional con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2024 co obxectivo de reafirmar o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na administración municipal. “Desde o Concello de Santiago, como capital de Galicia, temos unha responsabilidade excepcional co galego, a nosa lingua propia dentro dese patrimonio mundial da diversidade, a da comunidade que representamos”, recolle o documento.A declaración fai fincapé na necesidade de “manter e anovar os compromisos adquiridos” ao longo das últimas décadas ao respecto do uso da lingua galega na Administración municipal e “darlle maior pulo ao proceso da súa normalización social”. Desde a declaración asinada en maio de 1984 en Compostela por varias alcaldías galegas, o Concello iniciou un proceso a prol do uso do galego con fitos salientables que “deron como resultado un progresivo, aínda que lento, aumento do noso idioma na comunicación do propio Concello e tamén dos diversos sectores e entidades sociais”. A pesar destes avances, a declaración avoga por “imprimirlle un novo impulso” a este labor para “que non decaia o nivel de protección, uso e promoción que se veu mantendo”.Os catro grupos municipais comprométense así a ampliar o espazo do galego na actividade comunicativa do Concello, a garantir os dereitos lingüísticos das persoas que se relacionen coa Administración municipal, e tamén a difundir o valor da nosa lingua e o respecto a esta “como sinal de identidade de excepcional valor nun mundo globalizado”. Para isto, o Concello continuará a dedicar “recursos e esforzos a iniciativas que sitúen o galego á mesma altura que calquera outra lingua nos ámbitos culturais, sociais, económicos, formativos, tecnolóxicos…” e a implicar a “outras institucións e entidades que compartan estes obxectivos” así como á sociedade compostelá.Día Mundial do LupusO Pleno municipal tamén aprobou por unanimidade unha declaración institucional con motivo do Día do Lupus na que se amosa “o apoio e o recoñecemento cara ás persoas con lupus, ás súas familias e ás asociacións de pacientes que diariamente traballan para a creación dunha clara conciencia social da enfermidade, dirixindo as súas actuacións cara ao diagnóstico precoz e o tratamento desde o enfoque terapéutico e multidisciplinar”.Así mesmo, demandarán “que se leven a cabo as accións pertinentes e se destinen os recursos necesarios para dar resposta a estes retos e paliar a situación de especial vulnerabilidade, así como garantir, con equidade, os dereitos das persoas con lupus e as súas familias, coa consciencia de que para unha enfermidade crónica para a que non existe cura, como esta e moitas outras, a investigación e o acceso á innovación é vital”.O Día Mundial do Lupus, este ano baixo a lema “Non deixes que o lupus gañe: rebélate contra o lupus”, pretende dar visibilidade a esta enfermidade autoinmune crónica que afecta a 5 millóns de persoas en todo o mundo e a súa prevalencia ascende a 210 casos por cada 100.000 habitantes en España. A pesar destas elevadas cifras, preto do 60% das persoas non saben en que consiste o lupus ou tan só coñecen o nome da enfermidade, o que a converte nunha enfermidade invisible para a poboación en xeral, menos para quen a padece. Son especialmente mulleres as afectadas, xa que representan o 90% dos casos de lupus desenvolvendo a enfermidade entre os 15 e os 55 anos.Outros asuntosO conxunto da Corporación municipal tamén deu luz verde á aprobación dun expediente de suplemento de crédito por importe 20.000 euros, financiado con baixas por anulación, e á modificación de subvención nominativa que permitirá apoiar o Campionato de España Cadete Feminino organizada pola Federación Galega de Baloncesto.Ademais, acordouse de xeito unánime a aprobación definitiva do estudo de detalle para a accesibilidade de dous edificios de vivendas situados na travesa da Choupana, números 3 e 4.Tamén saíron aprobadas por unanimidade unha proposición presentada polo grupo municipal do PP para o posicionamento empresarial de Santiago de Compostela no mundo lusófono como capital alternativa a Lisboa, e outras dúas presentadas polo grupo municipal socialista para favorecer a democratización na toma de decisión e posta en marcha dos acordos plenarios e para a posta en marcha dun programa de patios inclusivos nos CEIPS do Concello de Santiago.Ademais, o Pleno aprobou por unanimidade varias mocións presentadas polos grupos municipais: tres presentadas polo PP para a elaboración dun plan que permita o acceso ao patrimonio relixioso da cidade menos coñecido, para dotar máis recursos económicos e velar polo cumprimento da lei de benestar animal no Refuxio de Bando e unha terceira para o acondicionamento xeral do cemiterio de Boisaca, sinalización e numeración dos nichos, reparación dos pasos interiores e posta en valor do patrimonio funerario.

Leer más:   O Concello de Santiago convoca o "I Foro da mobilidade" ao abeiro do proceso participativo do PMUS

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCirugías más rápidas en Madrid comparado con otras comunidades
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.