Inicio Últimas Noticias Preséntase “Compostela ilustrada” con motivo do Día do Libro

Preséntase “Compostela ilustrada” con motivo do Día do Libro

CONSORCIO
Preséntase “Compostela ilustrada” con motivo do Día do Libro

23/04/2024 A publicación recolle unha mostra das ilustracións realizadas por máis de 70 artistas convidados ao Encontro Internacional Cadernos de Viaxe entre o 2016 e o 2023. Na presentación estivo presente Miguelanxo Prado, recoñecido ilustrador e historietista creador do evento, xunto con El Patito Editorial.

No Día do Libro, a cor encheu o Museo do Pobo Galego coa presentación do libro “Compostela ilustrada”, coeditado por El Patito Editorial e o Consorcio de Santiago. O libro, forma parte da biblioteca de divulgación do Consorcio de Santiago.O encontro Compostela ilustrada leva un lustro enchendo cada mes de novembro os recunchos máis emblemáticos da Cidade Histórica compostelá. Da man de El Patito Editorial e o ilustrador Miguelanxo Prado, Compostela ilustrada nace no 2016 como un encontro internacional para “cadernistas” nas rúas de Santiago. Nas cinco edicións, máis de 70 artistas percorreron as rúas de Compostela cos seus cadernos, lápices e acuarelas, ademais de asistir a numerosos talleres e conferencias. As primeiras concentracións foron dirixidas por Miguelanxo Prado e Maru Godás que participaron nos encontros xunto cos artistas de prestixio internacional e nacional convidados como Lis Watkins, Catel Muller, Paula Bonet, Alicia Aradilla, Paulo J. Mendes ou Federico Granell, participaron nos encontros.O “urban sketch” dos cadernos de viaxe consolídase como unha actividade máis para o mes de novembro en Compostela, na que turismo, cultura, arte e patrimonio mestúranse nun sinfín de ilustracións de Compostela. Agora, moitos destes debuxos poden contemplarse nesta publicación que recopila unha pequena mostra dos feitos polos ilustradores convidados nestas cinco primeiras edicións. O libro tamén recolle unha selección dos murais realizados por diferentes artistas.Na presentación da publicación participaron Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio de Santiago; Gemma Sesar, organizadora dos encontros e editora de El Patito Editorial; o ilustrador e director do encontro, Miguelanxo Prado; Concepción Losada, presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.Miguelanxo PradoMiguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é un artista recoñecido internacionalmente, especialmente na ilustración e banda deseñada en Europa, sendo traducidas as súas obras a dezasete idiomas. Traballa en revistas como ilustrador e participa en certames literarios de banda deseñada, acadando prestixiosos premios na súa traxectoria como o Premio á Mellor Obra no Salón de Cómic de Barcelona no 1989. Na década dos 90 crea para a TVG o mítico personaxe da programación infantil, Xabarín.No 2007 estrea a película de animación “De profundis”, na que exerceu a dirección, o guion e a dirección artística realizando os debuxos. Entre as súas obras máis recentes atopamos a obra “Andalén”, o seu traballo máis persoal publicado no 2012 tras catro anos de dedicación e co que acadou o Premio Nacional de Comic no 2013. No 2022 volta ao xénero fantástico coa súa última obra publicada “El Pacto del Letargo”. No 2016 crea, xunto con El Patito Editorial, o Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, no que tamén participa como artista.

Leer más:   O programa Teatro Foro volve a catro institutos de Santiago para abordar a resolución de conflictos a través do teatro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEstudio revela cómo el color influye en la actividad cerebral, un proyecto de Ikea y neurocientíficos
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.